A práctica totalidade do cadro de Neira & Ortegal secunda a folga

Folga en Neira o 2 de setembro de 2010
03/9/10.
A folga do 2 de setembro en Neira & Ortegal, secundada polo 95% do persoal, serviu para que a empresa aboase o salario de xullo. Porén, a compañía aínda debe a paga extraordinaria. A protesta convocada polo comité tamén evidenciou o rexeitamento contra o ERE, cuxa resolución pola autoridade laboral está prevista para a vindeira semana.

Convocada folga en Neira & Ortegal o 2 de setembro en contra do ERE

01/9/10.
O cadro de persoal de Neira & Ortegal S.L, empresa dedicada á compra-venda de materiais de construción con centros en Ferrol, Narón, Ortigueira e Viveiro, convocou folga para o 2 de setembro co obxecto de reclamar os salarios adebedados e en contra do Expediente de Regulación de Emprego de extinción proposto pola sociedade.

Comunicado dos comités provinciais de SEAGA ante a morte dos dous compañeiros no incendio de Fornelos

Comités provinciais de SEAGA
01/9/10.
Os representantes dos traballadores denuncian a precariedade das condicións laborais nesta empresa pública, cuxo persoal conta con equipos de protección individual inadecuados ou con contratos que en moitos casos non superan os 20 días. Acusan a Xunta de fomentar un modelo que concibe a extinción como un negocio que dá prioridade ao aforro de custes en detrimento da prevención.

O comité de Zara Logística denuncia incumprimentos da Lei de Prevención

Concentración do comité de Zara Logística diante da mutua Fraternidad (04-09-2007)
30/7/10.
Os cinco sindicatos presentes no comité de empresa de Zara Logística, S.A. (CIG, CGT, COG, UXT e CC.OO.) decidiron por unanimidade iniciar unha campaña de denuncia dos incumprimentos en materia de prevención de riscos, seguridade e saúde laboral que se detectan no seu centro, que é o almacén de distribución máis grande do Grupo Inditex no mundo. Os representantes dos traballadores rexistraron unha denuncia na sede coruñesa da Inspección de Traballo o 30 de xullo.

CC.OO e UGT asinan un preacordo no comercio téxtil pontevedrés sen o referendar as asembleas

FolgaTextilPo3.grande.JPG
30/7/10.
CC.OO e UGT asinaron un preacordo no convenio provincial do comercio téxtil de Pontevedra que non foi sometido a votación nas asembleas, que incumpre a plataforma sindical e que non satisfai os obxectivos marcados trala folga do 1 de xullo. CIG-Servizos entende que as dúas centrais españolas pactaron coa patronal un convenio á baixa e de maneira precipitada. Esta traizón bota por terra os intereses das traballadoras e traballadores dun sector que soubo reivindicar os seus dereitos coa realización dunha folga exemplar.

CIG-Servizos apoia a traballadora despedida no Jardiland de Oleiros

Concentración no Jardiland de Oleiros o 23 de xullo
24/7/10.
CIG-Servizos participou na concentración desenvolvida o 23 de xullo diante do estabelecemento de Jardiland en Iñás, no concello de Oleiros, en protesta polo despedimento dunha encargada que reclamou o cumprimento dos seus dereitos. A central nacionalista esixe a readmisión inmediata da operaria. Medio cento de persoas tomou parte na mobilización.

Distribuir contido