Inditex estende a Ourense as melloras salariais asinadas na provincia de Pontevedra

O acordo é consecuencia da folga de nove días levada a cabo polas traballadoras/es de Bershka
11/12/17.
O grupo Inditex e a representación sindical asinaron este martes un acordo salarial que afecta a todos os centros de traballo da provincia de Ourense e que suporá a incorporación de dous pluses mensuais, un de 80 euros e outro de 40. Estas cantidades foron pactadas entre a dirección e as traballadoras/es de Bershka na provincia de Pontevedra tras nove días de folga para rematar coa discriminación laboral no grupo téxtil.

O persoal da recollida do lixo de Ponteareas baralla convocar folga para reclamar uns soldos dignos

Os empregados/as de FCC denuncian o bloqueo da negociación do convenio tras un ano de reunións
28/11/17.
O cadro de persoal de FCC, concesionaria do servizo de recollida do lixo do Concello de Ponteareas, baralla convocar folga na segunda quincena de decembro para reclamar un novo convenio colectivo que fixe uns soldos dignos. Os traballadores/as denuncian que a negociación atópase bloqueada tras case un ano de conversas porque a empresa ofrece unha suba salarial que cualifican de “ridícula”.

A CIG non asina o convenio de seguridade privada ao non recuperar os dereitos perdidos na última década

Sostén que a vía estatal está esgotada e reitera a necesidade de negociar un acordo a nivel galego
17/11/17.
A CIG non asinará o convenio do sector da seguridade privada pactado entre os sindicatos UGT, CCOO e USO e a patronal Aproser -a FES tampouco ratificará o acordo- xa que non supón recuperar os dereitos perdidos durante a última década. Dende a central sosteñen que a vía estatal está esgotada e reiteran que o único camiño que queda para mellorar as condicións de traballo no sector é contar cun convenio galego.

 

Paralízanse as mobilizacións de comercio vario da Coruña ante a constitución da Mesa Negociadora

A primeira xuntanza terá lugar o vindeiro día 21 de novembro
16/11/17.
Tras das mobilizacións realizadas pola CIG, CCOO e UGT no sector de comercio vario da provincia da Coruña paralízanse as previstas para os seguintes días, ante a convocatoria realizada polas patronais do comercio para a constitución da mesa negociadora do convenio provincial para o día 21 deste mes de novembro.

A VII Asemblea da CIG-Servizos de Ferrol reelixe a Cristina Martínez Padín como secretaria comarcal

Durante o proceso tamén se renovou a Executiva e a Dirección Comarcal
15/11/17.
A VII Asemblea Comarcal da CIG-Servizos de Ferrol, celebrada o pasado domingo, reelixiu a Cristina Martínez Padín como secretaria comarcal. Durante a sesión, que tivo lugar no edificio sindical, tamén se renovou a Executiva Comarcal e escolléronse as e os representantes da federación nos Consellos Federal e Comarcal e a nova Dirección Comarcal.

Arrincan as mobilizacións no comercio vario da Coruña para a negociación do convenio provincial

Traballadoras e traballadores concentráronse nas cidades de Santiago, A Coruña e Ferrol
10/11/17.
Traballadoras e traballadores de comercio vario iniciaron mobilizacións este venres nas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago para denunciar a negativa da patronal a constituír a mesa negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña. A esta primeira xornada de protestas, que se realizaron de xeito simultáneo, seguirán novas mobilizacións o vindeiro 17 de novembro se non hai resposta por parte da patronal.

Distribuir contido