Celta Prix despide un bombeiro do Morrazo que se significou na loita polo convenio

21/10/09.
Celta Prix, concesionaria do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, despediu un traballador que se significou na loita polo convenio, ademais de ser un dos máis activos contra a privatización da xestión do futuro Consorcio Provincial. O 22 de outubro está prevista unha concentración ás 12:00 horas diante da Deputación de Pontevedra para esixir a súa readmisión.

As protestas dos traballadores dos xeriátricos ouvíronse en Vilanova de Arousa

IMG_9906_grande.jpg
21/10/09.
Case un cento de traballadores e traballadoras do sector de Residencias Privadas da Terceira Idade participou na concentración de protesta diante do xeriátrico “Valle Inclán” en Vilanova de Arousa, acto enmarcado dentro do calendario de mobilizacións en demanda dun convenio digno para este colectivo.

A patronal, da que as organizacións sindicais continúan sen ter novas,  pretende aproveitar a negociación do convenio para introducir recortes nos dereitos dos traballadores e traballadoras e a frear calquera tipo de mellora nas condicións laborais.

Profesionais de emerxencias manifestaranse o 30 de outubro para reclamar un modelo de xestión pública

Percorrido_mani_bombeiros_20091030.jpg
20/10/09.
Os profesionais de toda Galiza dos servizos de emerxencias están chamados a participar nunha gran manifestación o vindeiro 30 de outubro en Compostela en contra da privatización da xestión do sector e para lle reclamar á Xunta a creación dun servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento, profesionalizado e de calidade.

A manifestación do vindeiro día 30, que partirá ás 11:00 da mañá das portas do Parlamento galego e rematará diante da Consellaría de Presidencia, estará precedida por unha serie de marchas a pé que realizará o persoal desde os distintos centros de traballo até Compostela.

Celebradas con éxito as xornadas de Saúde Laboral para o persoal de Seguridade e Limpeza hospitalaria

IMG_0016.jpg
19/10/09.
As xornadas nacionais de Saúde Laboral destinadas ao persoal de Seguridade privada e de Limpeza hospitalaria, que organizou CIG-Servizos o 15 de outubro en Compostela, foron todo un éxito. Nos encontros analizouse tamén a situación actual da negociación colectiva en ambos sectores.

No caso da Seguridade privada, abordáronse de igual xeito outros temas que incumben os traballadores como o intrusismo existente na profesión ou a estratexia sindical que se debe trazar no sector a curto e medio prazo.

Traballadores da seguridade privada do centro comercial de Narón convocan unha nova folga

19/10/09.
O persoal de seguridade do centro comercial de Narón terá que se mobilizar máis unha vez debido a que a empresa Syser non lle pagou o salario de setembro. Entre as medidas de presión encóntrase unha nova convocatoria de folga.

As protestas repetiranse pois os traballadores/as sufriron unha situación idéntica o mes pasado cando aínda non percibiran a paga extraordinaria de xullo nin a mensualidade de agosto.

As protestas do persoal dos xeriátricos privados trasladaranse a Vilanova de Arousa e Vigo

P1550889_grande.jpg
14/10/09.
Avanza o calendario de protestas dos traballadores e traballadoras das residencias privadas da Terceira Idade en demanda dun convenio digno. O 21 de outubro concentraranse diante da Residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa e, o 4 de novembro, fronte ao xeriátrico Sanitas (Rúa do Conde, 6) de Vigo. Ambas protestas, convocadas por CIG-Servizos e CC.OO, desenvolveranse ás 11:00 horas.

Distribuir contido