As eleccións repetiranse en DIA e FETICO pide a anulación das candidaturas disidentes

20080718_isidro_de_la_cal_02.jpg
09/7/09.
As eleccións hanse repetir en Supermercados DIA da provincia da Coruña logo de que a CIG impugnase o proceso polas irregularidades detectadas no voto por correo. FETICO tamén impugnou mais por motivos ben diferentes. O sindicato empresarial pide a anulación das candidaturas disidentes.

As votacións ao comité de empresa provincial hanse repetir como consecuencia do ditame dun laudo arbitral. Nas eleccións celebradas o pasado 23 de xuño constatouse que FETICO non conta co apoio da maioría das traballadoras.

CIG-Servizos estrea páxina web

Manifestación comercio vario na Coruña (29-04-2009)
05/7/09.
A Federación de Servizos da Confederación Intersindical Galega xa conta coa súa propia páxina web. Os internautas poderán acceder, por medio deste portal, á información da acción sindical da CIG-Servizos. Esta web foi concibida como unha ferramenta útil para a afiliación, na que os protagonistas son os traballadores e traballadoras. A presente páxina aportará información sobre as novidades que se vaian producindo na negociación colectiva en cada un dos sectores e empresas adscritos á nosa Federación.

Supermercados DIA ameaza con despedir traballadoras por ir nas listas da CIG

supermercados_dia_copia.jpg
19/6/09.
Supermercados DIA está a exercer unha campaña incesante de acoso laboral, ameazas e persecución sindical contras as traballadoras que optaron por integrarse na candidatura da CIG. Un total de 16 empregadas presentaron a súa renuncia tras comprobar como os xefes as ameazaban con despedilas ou trasladalas de centro. Malia o acoso, a CIG conseguiu rexistrar unha candidatura para as eleccións do comité de empresa provincial da Coruña de Supermercados DIA.

Atinxido un acordo no convenio do Comercio vario coruñés

Detalle mobilización do comercio
19/5/09.
Foron necesarias dúas folgas, manifestacións e diversos actos de protesta durante todo un ano para atinxir un acordo no convenio do Comercio vario da provincia da Coruña. A loita dos e das traballadoras serviu para que a patronal ratificase o preacordo rubricado en decembro de 2008. Aínda existen discrepancias a respecto do IPC previsto (os empresarios teiman en dicir que non existe), cando hai xurisprudencia que certifica que é do 2%. Para 2009 aplicarase unha suba salarial do 2´25%, á espera das posíbeis reclamacións xudiciais que elevarían os salarios un punto máis.

O persoal do Comercio volve tomar a rúa para esixir o cumprimento do pactado

Manifestación Comercio na Corunha 1 20090426
28/4/09.
Máis de medio cento de traballadoras e traballadores do Comercio vario provincial saíron ás rúas coruñesas o 26 de abril para denunciar o incumprimento por parte da patronal do preacordo atinxido en decembro de ano pasado sobre o convenio colectivo.

A marcha partiu da praza de Pontevedra e percorreu as principais rúas comerciais da Coruña: San Andrés, Torreiro, rúa Real e Obelisco. A chuvia intensa que caeu ao longo da manifestación non impediu que a mobilización se desenvolvese nun ambiente fortemente reivindicativo.

Anulado parcialmente o artigo 149.5 do Regulamento de Seguridade Privada

18/1/09.
A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo vén de ditar unha sentenza que anula en parte o artigo 149.5 do Regulamento de Seguridade Privada.

O Alto Tribunal español declara que o inciso que estabelecía "incluíndo o da superación dos correspondentes cursos de actualización e especialización coa periodicidade estabelecida" non é conforme a Dereito e, por tanto, anúlase.

Distribuir contido