UGT e USO avalan a proposta da patronal da Seguridade privada, que non inclúe melloras salariais

seguridade_privada_protesta.jpg
18/9/09.
Semella que as negociacións do convenio estatal de Seguridade privada están a seguir un guión preestabelecido pola patronal e mailas centrais UGT e USO, responsábeis da quebra da unidade de acción.

Ambos sindicatos seguen considerando “un avance” a proposta dos empresarios en materia salarial, argumentando con mentiras que non só mantén o poder adquisitivo senón que o incrementa "ao ser unha suba de 0´15% sobre o IPC".

200 persoas acoden en Vigo á asemblea de persoal do Comercio de Alimentación pontevedrés

asemblea_vigo_com_ali_pont_20090917.jpg
18/9/09.
200 persoas asistiron á asemblea do persoal do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra celebrada en Vigo na noitiña do 17 de setembro, convocada polos sindicatos CIG, UGT, CC.OO, FETICO e USO en relación co estancamento da negociación do convenio.

Os representantes dos e das traballadoras informaron os asistentes das intencións dos empresarios de ofertar un incremento salarial do 1% para o 2009, un convenio con catro anos de vixencia, conxelar a antigüidade, eliminar as baixas ao 100%, así como suprimir a compensación e absorción.

Racha a mesa negociadora do convenio de Residencias Privadas da Terceira Idade

18/9/09.
A postura intransixente e as propostas involucionistas da patronal en materia salarial e de dereitos dos traballadores e traballadoras ocasionaron que a parte social rachase a mesa de negociación do convenio galego de Residencias Privadas da Terceira Idade.

Persoal de SEAGA insiste en se reunir co conselleiro de Medio Rural

SEAGA_SAN_CAETANO.jpg
17/9/09.
Non abonda con que a Xustiza ditamine que os contratos en SEAGA sexan fraudulentos e os despedimentos improcedentes para que o conselleiro de Medio Rural, o “popular” Samuel Juárez, se digne en recibir os representantes dos traballadores desta empresa pública. Mentres, prosegue a precariedade nunha sociedade na que o 100% do cadro de persoal é eventual.

Haberá folga en Syser, contrata da seguridade privada no centro comercial de Narón

17/9/09.
Os traballadores Syser, empresa encargada da seguridade do centro comercial de Narón, manterán seis xornadas de folga para esixir o pagamento das nóminas atrasadas. A día de hoxe, a empresa, con sede nas Illas Canarias, ten pendentes de aboar aos vixilantes a paga extraordinaria de xullo e a mensualidade de agosto.

As traballadoras de Limpezas Ames cobran as tres nóminas atrasadas

17/9/09.
As traballadoras de Limpezas Ames cobraron, por fin, as nóminas dos tres últimos meses. O pagamento das cantidades atrasadas produciuse na segunda xornada de folga (15 de setembro) que mantiña o cadro de persoal desta concesionaria do servizo de limpeza de dependencias municipais e de centros educativos do Concello de Ames.

Distribuir contido