A CIG logra o recoñecemento da nocturnidade para todo o cadro de persoal de Seaga

A empresa pública abonará en novembro as horas de 2016 e 2017
24/10/17.
A CIG, central maioritaria na empresa pública Seaga, vén de lograr o recoñecemento da nocturnidade, polo que o cadro de persoal comezará a percibir no mes de novembro o pago das horas feitas entre as 22:00 e as 6:00 horas durante os anos 2016 e 2017. As correspondentes a 2015 non serán abonadas, a excepción dos traballadoras e traballadores que decidiron reclamalas pola vía xudicial.

Convocada folga provincial en Bershka de Pontevedra para reclamar melloras pactadas noutras provincias

O comité pretende rematar coa discriminación de parte do persoal
23/10/17.
O comité de empresa de Bershka na provincia de Pontevedra (cinco delegadas da CIG) anunciou hoxe a convocatoria de folga indefinida a partir deste xoves 26 en todos os establecementos da cadea pertencente ao grupo téxtil Inditex para reclamar a equiparación laboral co resto de compañeiras/as doutras provincias. En concreto, demandan melloras an materia de xornada, pluses e retribucións, permisos e excedencias, lactancia, vacacións e incapacidade permanente para rematar coa discriminación de parte do persoal.

O comité Intercentros da CRTVG solidarízase cos traballadores/as dos medios públicos cataláns

A súa toma de control polo Goberno español é un “ataque directo, indigno e impúdico á liberdade de expresión
23/10/17.
O Comité Intercentros daCorporación de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) vén de manifestar a súa solidariedade coas compañeiras e compañeiros da Corporación Catalana de Mitjans Audiovisuals (CCMA), TV3 e Catalunya Ràdio, que veñen de expoñer o seu rexeitamento á toma de control por parte do Goberno do Estado dos medios de comunicación públicos cataláns coa aplicación do artigo 155 da Constitución española.

Transi Fernández, elixida nova secretaria nacional no VII Congreso da CIG-Servizos

“Cando hai conflito, conseguimos máis avances nos convenios”
21/10/17.
A federación de Servizos da CIG celebrou na mañá deste sábado o seu VII Congreso baixo o lema “Unha nación, unha clase, un sindicato”. Transi Fernández, até o de agora secretaria comarcal da federación en Vigo, foi elixida secretaria nacional con 145 votos a favor, 15 brancos e 5 nulos, substituíndo no cargo a Paulo Rubido. Unha única candidatura concorreu á secretaría nacional, ao igual que para a Executiva e o Consello Confederal.

Persoal da CRTVG pide a dimisión do director xeral e responsábel de Informativos pola cobertura dos lumes

A CIG solidarízase cos/coas profesionais e denuncia o desmantelamento do servizo
16/10/17.
Traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos, Radio e Televisión de Galiza, concentráronse esta mañá diante do despacho de Sánchez Izquierdo para denunciar a cobertura informativa dos lumes que asolaron o país este domingo e demandar a súa dimisión.

Persoal de Seaga denuncia a irresponsábel política forestal e de extinción de incendios da Xunta

Coas actuais condicións climatolóxicas e cos montes ardendo despediu 500 empregados/as
13/10/17.
Traballadoras e traballadores de Seaga concentráronse esta mañá diante da Dirección Xeral de Montes para reclamar unha política forestal e de extinción de incendios “responsábel” e planificada que atenda ás necesidades reais que hai para enfrontar os lumes que se están producindo nos montes galegos e a súa nova tipoloxía. Denunciaron ademais que malia manterse o alto risco de incendios, onte mesmo finalizaron os seus contratos 500 traballadoras e traballadores.

Distribuir contido