A Coruña

A CIG-Servizos manifesta o seu rexeitamento ao convenio da limpeza asinado por CCOO e UGT

Contempla un incremento salarial do 0% para 2011; do 0% para 2012; do 0,8% para 2013 e do 1% para 2014
11/2/13.
A CIG-Servizos vén de expresar o seu rexeitamento ao convenio do sector de limpeza de edificios e locais da Coruña asinado por CCOO e UGT, que supón aceitar un acordo que contempla condicións salariais mesmo inferiores á peor das propostas presentadas con anterioridade pola patronal e que estas mesmas centrais sindicais se negaron a asinar, no seu momento, chegando a convocar mobilizacións para demandar melloras.

O Comité de Albada denuncia por posíbel delito contra o medioambiente provocado por un verquido

A pasada fin de semana produciuse un vertido de residuos directamente ao mar tras o desbordamento dunha das balsas da planta
23/1/13.
O Comité de Albada (empresa concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián) formulou denuncia este mércores diante da Policía Autonómica pola comisión dun posíbel delito contra o medio ambiente, logo de que a pasada fin de semana se producira un verquido incontrolado de lixiviados directamente ao mar, tras desbordarse unha das balsas das instalacións.

Persoal de Seaga marcha a pé de Ferrol á base do Ponto para denunciar o recorte nas contratacións

CIG-Servizos e os traballadores/as advirten que este ano o dispositivo para Ferrol-Eume-Ortegal só contará con 20 persoas
26/6/12.
O persoal de Seaga do Distrito 1 marchou na mañá do luns dende os edificios da Xunta en Ferrol até a base que a empresa ten no Ponto para denunciar o recorte nas contratacións do dispositivo contra os lumes e a progresiva privatización do servizo. Na marcha, convocada pola CIG-Servizos, alertouse de que para este ano as contratacións no distrito 1 pasaron de estar integradas por 75 persoas a contar con tan só 20 brigadistas.

A CIG-Servizos denuncia “a chapuza anunciada” nas obras do Concello da Coruña na Torre de Hércules

Tras permanecer pechado durante seis meses “o faro está practicamente igual, agás que mudaron os traballadores/as
21/6/12.
A CIG-Servizos vén de criticar “a chapuza” das obras proxectadas polo Concello da Coruña para a Torre de Hércules, que o xoves volveu abrir as súas portas tras permanecer pechada “por capricho político” ao público dende o pasado mes de xaneiro.

CIG-Servizos demanda a readmisión dos traballadores de Isidro de la Cal despedidos por participar na Folga

Delegados/as da central realizaron unha concentración diante das instalacións da empresa no peirao de San Diego
25/5/12.
Delegados da CIG-Servizos da Coruña realizaron unha concentración diante das instalacións da empresa Isidro de la Cal no peirao de San Diego para esixir a readmisión dos cinco traballadores/as despedidos por participar na Folga Xeral do pasado 29 de Marzo.

Nova concentración para denunciar o recorte que Zara está impondo ás traballadoras en conciliación

O persoal mobilizouse diante de dúas tendas do centro da Coruña
25/5/12.
Persoal de Zara realizou unha nova concentración o xoves diante de dous estabelecementos da empresa na Coruña, para denunciar que a multinacional está a aproveitar a reforma laboral do PP para fixar horarios nuns casos e reducir xornadas, noutros, para a conciliación da vida laboral e familiar do seu persoal.

Extraballadores/as da Torre de Hércules expoñen a situación “real” do faro ao consultor da Unesco

Traballadores con Paul Simons
04/5/12.
Un grupo de extraballadores e traballadoras da Torre de Hércules expuxeron este venres, nun encontro informal, o conflito “real” que existe no faro romano a Paul Simons, membro do Comité Británico de Icomos –organismo consultor da Unesco-, que estes días visita a Coruña no marco da elaboración do novo Plan Director da Torre de Hércules. O membro do Icomos transmitiulles a súa solidariedade e indicou que estudará a carta que o persoal remitiu hai unhas semanas á Unesco.

Isidro de la Cal despide cinco traballadores por secundaren a folga xeral

20120427_isidro_de_la_cal.jpg
27/4/12.
Delegados da CIG-Servizos da Coruña concentráronse o 27 de abril diante das instalacións de Isidro de la Cal no polígono industrial do Espírito Santo para reclamar a readmisión de cinco traballadores despedidos como represalia pola súa participación na folga xeral do 29 de marzo.

CIG-Servizos anima a participar na marcha a prol da reapertura da Torre de Hércules

20120413_presentacion_marcha_torre_de_hercules.jpg
16/4/12.
A Federación de Servizos da CIG secunda a marcha que organiza para o 22 de abril a Asociación de Veciños de Atochas – Monte Alto a prol da apertura da Torre de Hércules, pechada arbitrariamente polo Concello o 15 de xaneiro. A manifestación partirá ás 17:00 horas desde a estatua de Breogán, no contorno do faro, e decorrerá pola avenida de Navarra, rúa da Torre, Campo da Leña e concluirá diante do Concello, na praza de María Pita.

Marchan a pé entre A Coruña e Oleiros en solidariedade cunha delegada represaliada en Yudigar

20120326_marcha_a_pe_a_yudigar_en_perillo-oleiros.jpg
27/3/12.
Delegadas e delegados da CIG-Servizos da Coruña realizaron o 26 de marzo unha marcha a pé desde o Edificio de sindicatos até as instalacións de Yudigar en Perillo (Oleiros) para denunciar a política de acoso practicada pola empresa contra unha delegada da central nacionalista. A traballadora foi despedida en maio do ano pasado xusto despois de preavisarse as eleccións sindicais nas que se presentaba como candidata.

Distribuir contido