CRTVG

A CIG da CRTVG rexeita a participación da TVG na serie “El Faro”

A sección sindical da CIG na CRTVG reclama o respecto á lingua e a identidade cultural de Galiza e solidarízase cos traballadore
18/7/13.
A CIG-CRTVG rexeita a participación da TVG na coprodución coa FORTA da serie “El Faro”, na que a canle pública galega achega 1,3 millóns de euros. Na produción desta serie non se respectan nin os principios básicos de defensa da lingua e a cultura propias de Galiza, nin os dereitos laborais e salariais dos traballadores e traballadoras do sector audiovisual galego.

O Comité de Empresa da TVG denuncia manipulación informativa e demanda un Estatuto Profesional

Pon como exemplo o tratamento informativo do caso Pokemon ou do caso Bárcenas
11/2/13.
O Comité de Empresa da TVG denunciaba a pasada semana a manipulación informativa que padecen os informativos da canle pública, alertando sobre as presións e as intervencións que, sobre o seu traballo, están a recibir a cotío os e as profesionais deste medio. A representación de traballadoras/es, que xa denunciou esta práctica inconstitucional en ocasións anteriores, asegura que o problema agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a saír á luz pública, como por exemplo o Caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado caso Bárcenas.

A CIG alerta que a CRTVG intentará impor unha perda xeneralizada de dereitos ao persoal

Recursos Humanos vén de anunciar que denunciará o convenio colectivo, só pretexto de que non se pode costear o actual
23/11/12.
A sección sindical da CIG na CRTVG alerta da pretensión da compañía de rebaixar, de forma xeneralizada as condicións laborais e salariais ao persoal do ente. Así o interpreta logo de que o director de Recursos Humanos, Carlos Paz, comunicara que a súa intención de denunciar o Convenio Colectivo porque non se pode costear o actual marco de relacións laborais, nomeadamente no que atinxe ás categorías profesionais e á flexibilidade.

Acordo histórico dos servizos mínimos na CRTVG entre empresa e comité de empresa

Non se acadou acordo no SERGAS, onde se decretaron uns mínimos superiores aos de fin de semana
09/11/12.
O comité de empresa e a CRTVG chegaban este xoves a un acordo “histórico” de servizos mínimos que permitirá que, por vez primeira, se visualice nos medios públicos galegos o seguimento dunha folga xeral por parte do seu persoal. A raíz deste acordo, este venres a administración convocaba novamente a representantes sindicais do sector público para intentar desbloquear unha negociación que todas as partes deran xa por rematada e que non deu froito ningún por mor do inmobilismo da Xunta. O mesmo ocorría na mesa de negociación do SERGAS, onde se impuxeron uns mínimos abusivos, superiores aos de fin de semana.

A Federación anima a asinar o “Manifesto en defensa da radio e televisión públicas de Galiza”

Informativo reivindicativo do persoal da CRTVG na praza do Toural, Compostela
18/10/11.
A Federación de Servizos apoia a loita desenvolvida polo persoal da Compañía de Radio Televisión de Galiza en contra da privatización da sociedade, tal e como aspiran o Partido Popular e o PSOE coa reforma da Lei de Creación da CRTVG. CIG-Servizos anima a afiliación a asinar o manifesto en defensa do carácter público dos medios de comunicación de titularidade autonómica.

A Inspección determina que a xefa de programas da Radio Galega foi contratada en fraude de lei

logo_radio_galega.jpg
29/12/09.
A Inspección de Traballo declarou en fraude de lei a contratación, na modalidade de interinidade en vacante, da xefa de Programas da Radio Galega, Gloria Ferreiro. Segundo a autoridade laboral, Ferreiro foi contratada para coordinar os programas e os locutores que presentan os mesmos e estas funcións non coinciden coas de locutora de radio sinaladas no contrato.

A Inspección de Traballo sanciona a Radio Galega por cesión ilegal do traballador da USC Miguel Túñez

tunhez.jpg
04/12/09.
A Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de A Coruña practicou acta de infracción o 19 de novembro contra a Radio Galega (RG) pola cesión ilegal do traballador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Miguel Túñez López á emisora autonómica. A RG pode enfrontarse a unha multa de até 187.515 euros. A sección sindical da CIG-Servizos reclama o cesamento inmediato de Túñez López nas funcións de presentación e dirección do programa “A Tarde”.

CIG-Servizos denuncia a suposta cesión ilegal do traballador da USC José Miguel Túñez á Radio Galega

tunhez.jpg
14/10/09.
A sección sindical da CIG-Servizos na CRTVG vén de denunciar ante a Inspección Provincial de Traballo da Coruña a suposta cesión ilegal do traballador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Miguel Túñez López á Radio Galega (RG). Desde o 7 de setembro, Túñez López presenta e dirixe o magazine “A Tarde”, que a emisora pública emite de luns a venres entre as 16 e as 19 horas.

Distribuir contido