despedimentos

Vegalsa-Eroski despide persoal veterano a xornada completa e substitúeo por traballadores/as a tempo parcial con salario mísero

CIG-Servizos mobilizouse contra os despedimentos improcedentes, a conxelación salarial e precarización das condicións do persoal
16/4/15.
A CIG-Servizos realizou unha concentración este xoves diante do almacén de Vegalsa-Eroski na Coruña en rexeitamento aos despedimentos que a distribuidora de alimentación está a executar e que afectan maiormente ao persoal con máis antigüidade e contrato a tempo completo. Denuncian tamén que os salarios das traballadoras/es desta empresa son os máis baixos do sector e ademais teñen a xornada laboral máis elevada.

CIG concéntrase diante do Club Financeiro da Coruña para esixir a readmisión de tres traballadores/as

A entidade empresarial e súa subcontrata ignoraron todo o marco lexislativo ao non proceder á subrogación do conxunto do persoal
19/3/15.
A CIG concentrouse a primeira hora desta tarde diante das instalacións do Club Financeiro Atlántico (A Coruña) para denunciar as irregularidades que a entidade e a empresa que tiña subcontratada para a xestión dos servizos (REMOCSA) veñen cometendo en materia laboral, para rexeitar o despedimento de tres traballadores/as (un deles o delegado de persoal) e esixir a súa readmisión inmediata. Coincide tamén que estes tres empregados/as son os que maior antigüidade teñen e os únicos que iniciaron reclamacións xudiciais contra a empresa.

A subcontrata do Club Financeiro despide tres traballadores/as por negárense a perder dereitos

A entidade asumiu a xestión directa dos servizos que tiña concesionados ignorando a obriga de subrogar a todo o persoal
16/3/15.
REMOCSA (empresa subcontratada polo Club Financeiro Atlántico, que ten entre as súas socias e socios a parte do empresariado máis importante de Galiza) vén de despedir a 3 traballadores/as, un deles delegado de persoal, incumprindo a obriga de subrogación recollida no convenio colectivo e no Acordo Marco deste sector. Coincide tamén que estes tres empregados/as son os que maior antigüidade teñen e os únicos que iniciaron reclamacións xudiciais contra a empresa.

Comezan os xuízos por despedimentos da cafetería da Estación de Autobuses de Compostela

CIG-Servizos denuncia que nin concello nin Tussa tentaron solucionar a situación e anuncia que de seguir así mobilizarase
17/9/14.
Os días 18, 25 e 30 de setembro e o 9 de outubro terán lugar os xuízos por despedimento do persoal da Estación de Autobuses de Compostela. A CIG-Servizos denuncia que transcorridos 7 meses desde que se botou o peche definitivo do estabelecemento e malia os acordos acadados, a cafetería segue pechada e o persoal -a maioría cunha antigüidade de 30 anos- despedido, sen que Tussa e o concello fagan nada por darlle unha solución. Ante esta situación xa solicitaron formalmente unha xuntanza co novo alcalde da cidade e anuncian que, en datas próximas, de non resolverse a situación, retomarán as mobilizacións.

CIG-Servizos denuncia reiterados incumprimentos na xestión do centro de día da Casa do Mar de Ferrol

Lembran que a dirección de AFAL subiu ás cotas, reduciu actividades e executou seis despedimentos improcedentes
25/6/14.
A CIG-Servizos de Ferrol, co galo da próxima asemblea de socios/as da Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias -AFAL Ferrolterra, vén de pór en evidencia os incumprimentos co proxecto presentado pola actual dirección para a xestión do centro de día da Casa do Mar, así como os despedimentos e os problemas laborais que padecen as/os traballadoras/es.

Concentración en AFAL Ferrolterra polo despedimento dunha traballadora

A CIG-Servizos entende que se trata dunha represalia polo apoio do persoal á candidatura da CIG nas eleccións
29/5/14.
A CIG-Servizos realizou este xoves unha concentración diante do centro de AFAL Ferrolterra situado na rúa Río do Castro en protesta polo despedimento dunha traballadora. Ao entender da Federación da CIG, esta medida, totalmente inxustificada, é unha represalia da empresa polo apoio maioritario que recibiu á candidatura da central nacionalista nas eleccións do pasado abril.

Persecución en Catering Caranza ao persoal afiliado á CIG e atrasos xeralizados no pago dos salarios

A empresa despediu a tres traballadores/as logo de ter acudido a asesorarse á central sindical
15/5/14.
Persecución, insultos, despedimentos e atrasos salariais. Estas foron as lamentábeis condicións do persoal de Catering Caranza, que a CIG-Servizos de Ferrol denunciou publicamente en rolda de prensa este xoves. Ademais, apuntaron que o acoso da empresa, que presta servizos no Club Naval de Oficiais e Suboficiais, se manifesta de xeito máis virulento cos/as traballadores/as afiliados/as á CIG

Convocada folga en todos os centros de Dielectro para os días 19, 20 e 21 de maio

En contra do ERE de extinción para 59 traballadores/as e a rebaixa salarial que pretende aplicar a empresa
09/5/14.
A representación do persoal de Dielectro vén de convocar folga en todos os centros de traballo da empresa (tanto en Galiza como fóra) para os días 19, 20 e 21 de maio, en contra do ERE de extinción que a dirección pretende aplicar para 59 traballadores e traballadoras e a rebaixa salarial do 15%.

Gadis recoñece a improcedencia de dous despedimentos, pero teima na súa política represiva

Coincidindo co acto de conciliación no SMAC tivo lugar unha nova acción de protesta nun supermercado
15/4/14.
Coincidindo co acto de conciliación no SMAC de dúas traballadoras, este mércores realizouse unha nova acción de protesta (convocada por CIG e CCOO) para denunciar os inxustos despedimentos que Gadis está a aplicar con carácter disciplinar, alegando baixa produtividade, e que en moitas ocasións afecta a persoal que se atopa de baixa médica.

A empresa que xestiona a cafetaría da CRTVG reincorpora a delegada de persoal despedida

É a segunda readmisión de traballadores/as non subrogados por Coeso Deza cando accedeu á contrata
15/4/14.
Este luns producíase a reincorporación no posto de traballo da delegada de persoal da cafetería da CRTVG, despedida ao non ser subrogada pola actual adxudicataria, Coesco Deza (Culinaria), que accedeu ao servizo o pasado 1 de agosto de 2013.

Distribuir contido