REGAKI

REGAKI-COGAMI non pagan os salarios do persoal malia saber que poñen en risco a súa saúde

O persoal desta empresa “sen ánimo de lucro” mobilizarase o xoves para reclamar os salarios e en defensa dos postos de traballo
13/1/15.
As traballadoras e traballadores (un total de 95) da Rede Galega de Quioscos, pertencentes á ONG COGAMI e Galega de Economía Social levan desde o mes de novembro sen percibir os seus salarios e a esta altura carecen de medios básicos de subsistencia e mesmo de cartos para pagarse as medicacións. Sobre eles pesa a ameaza de peche de todos os quioscos de Galiza, logo de que a empresa presentara concurso de acredores e un ERE extintivo que os deixaría a todos/as na rúa.

Traballadores/as de REGAKI pasan o Nadal sen luz, auga e medicamentos tras 2 meses sen cobrar

Rede Galega de Kioscos-COGAMI, pertencentes a Galega de Economía Social (GES), recibiron 2.927.055 € no ano 2014 en subvencións
30/12/14.
A CIG-Servizos manifesta a súa máis rotunda repulsa á actuación que está a ter o Grupo Cogami pertencente a Galega de Economía Social (GES). Denuncia que este grupo de empresas recibiu nin máis nin menos que 2.927.055€, no decurso de 2014, en concepto de subvencións da Xunta de Galiza, polo seu suposto labor de integración social e laboral de traballadores/as con discapacidades nos centros especiais de emprego. Porén, o persoal de REGAKI leva xa dous meses indo a traballar sen cobrar malia os seus salarios ser inferiores o SMI.

O persoal de REGAKI obrigado a "celebrar" o Día das Persoas con Discapacidade cun ERE extintivo

Conmemórase cada ano o 3 de decembro
03/12/14.
Os traballadores e traballadoras da Rede Galega de Kioskos (REGAKI) denuncian este 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a difícil situación laboral na que se atopan, logo de que a empresa solicitara concurso de acredores e un ERE extintivo que, de aplicarse, suporá o peche de todos os quioscos de Galiza e deixará na rúa, sen indemnizacións, a 95 traballadores/as.

Denuncian a hipocrisía de COGAMI por falar de “Ética e Empresa” mentres despide a persoal

Naveiro lamenta que á empresa non lle importe a situación das traballadoras/es despedidos, en risco de exclusión social
19/11/13.
A CIG-Servizos de Compostela concentrouse esta mañá diante das CABES (Casa das Asociacións de Benestar Social) coincidindo coa celebración dunhas xornadas organizadas, entre outros, por COGAMI baixo o título “Ética e Empresa”. Carminha Naveiro de CIG-Servizos denuncia “a dobre moral de COGAMI porque mentres despide a traballadoras/es en REGAKI (Rede Galega de Kioscos) ousa celebrar xornadas para dar leccións de ética e integración social”.

Distribuir contido