represión sindical

Oposición e veciñanza únense ás traballadoras contra o esperpento patronal no Valle-Inclán

O persoal do centro da terceira idade de Vilanosa de Arousa está a ser alvo da represión sindical
02/8/13.
O predio do Concello de Vilanova de Arousa foi o lugar escollido este venres 2 de agosto polas traballadoras do centro da terceira idade Valle Inclán para visibilizaren a súa loita e demandar, mais unha vez, a implicación do concello. O rexedor municipal, Gonzalo Durán (do PP) pasou polo lugar sen dignarse a atender as demandas das afectadas, demostrando a súa complicidade nun dos máis graves casos de represión sindical dos últimos anos.

Continúa a campaña de acoso ás traballadoras na residencia da terceira idade de Vilanova de Arousa

O 30 de xullo foron despedidas 4 traballadoras máis, sumando 20 desde xaneiro
31/7/13.
A dirección da residencia da terceira idade Valle Inclán de Vilanova de Arousa continúa a vaga de despedimentos de traballadoras en resposta ás reivindicacións laborais, sumando 20 desde a entrada da nova xerencia. O pasado 30 de xullo entregaban a carta de despedimento a outras 4 traballadoras, entre as que se atopa a presidenta do comité de empresa e delegada da CIG no centro.

A loita contra a represión sindical na residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa chega ás institucións

O xerente da residencia da terceira idade leva despedido 14 persoas nos últimos 2 meses
24/7/13.
Traballadoras/es da residencia da terceira idade Valle Inclán concentráronse este mércores 24 de xullo diante do concello de Vilanova de Arousa e realizaron unha solicitude de reunión do alcade para lograr a implicación da institución municipal na loita contra a represión sindical e laboral da que están a ser obxecto. Denuncian que o xerente leva despedido 14 persoas desde o mes de xaneiro “en represalia por se teren oposto ás prácticas precarizadoras da dirección”.

Folga indefinida na cafetería do Hospital do Meixoeiro tras o despedimento do delegado de persoal

CIG - Servizos denuncia que a concesionaria, Oh! Vigo, prescinde do traballador pola actitude reivindicativa na folga de 2012
07/6/13.
A CIG-Servizos de Vigo convocará folga indefinida na cafetería do hospital Meixoeiro a partir do luns 17 de xuño tras o despedimento do delegado de persoal por parte da empresa concesionaria, Oh! Vigo. Dende a central nacionalista rexeitan que a decisión se deba, como argumenta o propietario, ao “mal comportamento” do empregado e sosteñen que se trata dunha represalia pola súa actitude reivindicativa, en especial durante a folga que tivo lugar o pasado mes de novembro.

Audiencia de Pontevedra absolve ós 3 sindicalistas, dereito de folga prevalece sobre o de traballar

A CIG decidiu suspender a folga de fame pero mantén a manifestación para o vindeiro 15 de decembro contra a represión sindical
04/12/12.
A Audiencia Provincial de Pontevedra comunicou hoxe a absolución dos tres sindicalistas condenados a tres anos e un día de prisión polo Xulgado do Penal número 1 por participar nun piquete na folga do comercio de alimentación en 2009. A CIG decidiu suspender a folga de fame iniciada pasado venres 23 de novembro tras coñecer a decisión xudicial, pero mantén a convocatoria de manifestación para o sábado 15 de decembro en Pontevedra contra a represión sindical.

A CIG convoca concentracións o martes dia 4 diante dos xulgados en contra da represión sindical

A central denuncia os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes coa reforma do Código Penal que prepara o PP
03/12/12.
A CIG ten convocadas concentracións este martes, 4 de decembro, diante dos xulgados das distintas cidades galegas para denunciar os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes, de rexeitamento á reforma do Código Penal que prepara o PP, así como para amosar a repulsa ás novas taxas xudiciais impostas polo Goberno español. As protestas enmárcanse na campaña que a central nacionalista está desenvolver contra a persecución e represión sindical, concretada na folga de fame que a CIG está a desenvolver dende hai unha semana en Pontevedra contra a condena a prisión a tres sindicalistas.

A folga de fame contra a condena a tres sindicalistas supera os 10 días

O secretario comarcal da CIG de Lugo e un membro da CIG-Construción de Ferrol tomaron este luns o relevo na sexta quenda
03/12/12.
A folga de fame contra a condena a prisión a tres sindicalistas que participaron nun piquete en 2009 cumpriu este luns 10 días despois dunha fin de semana no que o mundo da cultura amosou unha vez máis a súa solidariedade coa clase traballadora galega. A sexta quenda, formada polo secretario comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, e por Marcos Sánchez, da CIG-Construción de Ferrol, permanecerá sen comer até o vindeiro mércores ao mediodía.

A quinta quenda toma o relevo unha semana despois do inicio da folga de fame

O actor galego Luis Tosar achegouse até a caravana instalada diante da Audiencia Provincial para solidarizarse cos sindicalistas
01/12/12.
A quinta quenda tomou este mediodía o relevo unha semana despois do inicio da folga de fame contra a represión sindical. Sefi Romero de Vigo e Lucía Freire de Compostela permanecerán sen comer até o luns ás 12.00 horas. Por outra banda, o actor galego Luis Tosar visitou hoxe a caravana instalada fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra para solidarizarse cos sindicalistas condenados a prisión.

A cuarta quenda da folga de fame contra a represión sindical toma o relevo

Mostras de apoio e visitas solidarias seguen a ser continuas, así como a recollida de sinaturas rexeitando a condena de prisión
29/11/12.
A cuarta quenda tomou hoxe o relevo na folga de fame promovida pola CIG contra a condena a prisión a tres sindicalistas, cando este venres se cumpre unha semana do inicio da protesta. O secretario comarcal da Coruña, Paulo Carril, e o responsábel nacional de Mar, Xabier Aboi, substitúen ao secretario comarcal de Vigo e ao nacional de Servizos, que permaneceron sen comer na caravana instalada diante da Audiencia Provincial de Pontevedra dende o martes ás 12.00 horas.

Un milleiro de sinaturas solidarias recollidas en cinco días de folga de fame contra a represión sindical

Este xoves ás 12.00 tomará o relevo a cuarta quenda, formada polos secretarios comarcal da Coruña e nacional da FGAMT
28/11/12.
As mostras de solidariedade coa protesta que a CIG está a desenvolver dende o pasado venres diante da Audiencia Provincial de Pontevedra multiplícanse. En só cinco días de folga de fame contra a represión sindical a cental nacionalista recolleu máis dun milleiro de sinaturas entre a veciñanza e nas empresas da comarca. Este xoves terá lugar un novo relevo ás 12.00 horas.

Distribuir contido