Urbaser

O sector do lixo da comarca da Coruña irá a unha nova xornada de folga o 5 de outubro

O paro desenvolverase dende as 23 horas do venres día 4 até as 23 horas do sábado
18/9/13.
As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT veñen de confirmar, tras a celebración este mércores dunha asemblea cos Comités e delegados/as de Albada, Cespa-A Coruña, Cespa-As Mariñas, Sogama e a planta de Lousame, a convocatoria dunha nova xornada de folga no sector da recollida e tratamento de lixo que se desenvolverá entre as 23:00 horas do venres 4 de outubro e as 23:00 horas do sábado 5 de outubro.

O Comité de Albada advirte que interporá todos os recursos oportunos para impedir a aplicación do ERTE

Presentará demanda de tutela de dereitos fundamentais e reclama ao Concello que rescinda o contrato ante os incumplimentos
16/9/13.
O Comité de Albada vén de adiantar que vai interpoñer todos os recursos legais oportunos para pór freo ao expediente de regulación temporal de emprego que a filial do grupo Urbaser pretende levar adiante na planta de Nostián. A representación dos traballadores/as considera que este ERTE é unha fraude e reclama do Concello da Coruña que actúe dunha vez contra os reiterados incumprimentos da empresa e recupere a xestión da planta, a través da rescisión do contrato con Albada.

O Comité de Albada presentou un plan de viabilidade que a empresa non acepta e o Concello nin avalía

Os traballadores/as consideran que son o “chivo expiatorio” no conflito económico entre a compañía e o Goberno municipal
03/9/13.
O comité de Albada e as centrais sindicais CIG, UGT e CCOO compareceron en rolda de prensa para explicar as “razóns” do conflito, sinalar “quen son os responsábeis de que non se resolva” e aclarar cales foron os pasos dados polos traballadores/as até agora co obxectivo de acadar unha solución negociada. A representación social entende que o persoal está a ser utilizado “como chivo expiatorio” no pulso que a empresa mantén co Concello da Coruña e denunciaron unha vez máis, que Albada pretenda que sexan os traballadores/as quen paguen os desequilibrios económicos.

Desconvocada a folga en Urbaser tras o acordo de mantemento da xubilación parcial e anticipada

Estaba previsto o seu inicio para o domingo día 21 de xullo
19/7/13.
A folga indefinida convocada no servizo de recollido de lixo de Santiago non chegará sequera a iniciarse. Urbaser, empresa concesionaria, asinaba na tarde deste xoves un acordo polo que se manteñen os dereitos sociais que estaban xa acordados. A empresa pretendía eliminar o dereito á xubilación parcial e anticipada. A CIG-Servizos manifesta a súa satisfacción ante o remate do conflito.

Distribuir contido