Vigo

Paro total e protestas no Concello de Vigo, Fogasa e Xunta na primeira xornada de folga en Pórtico

05/6/14.
A totalidade do cadro de persoal de Pórtico secundou hoxe a primeira xornada de folga convocada en defensa do emprego na compañía viguesa e levou a cabo concentracións de protesta diante do Concello de Vigo, na sede do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e na delegación da Xunta. O comité de empresa mantivo unha xuntanza co alcalde para trasladarlle a súa preocupación polo futuro da empresa e entregou un escrito no Fogasa reclamando unha reunión co secretario xeral.

Pórtico terá que pechar en xuño se o Fogasa non adianta as indemnizacións e os salarios pendentes

O cadro de persoal da firma viguesa decidiu en asemblea convocar un calendario de mobilizacións
27/5/14.
O comité de empresa de Pórtico (CCOO e CIG) alertou hoxe do peche da compañía viguesa se antes de mediados de xuño o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) non adianta o custe das indemnizacións dos traballadores/as despedidos/as e dos salarios pendentes. O cadro de persoal decidiu en asemblea convocar un calendario de mobilizacións en defensa dos seus postos de traballo.

A CIG-Servizos de Vigo reelixe a Transi Fernández como secretaria comarcal por unanimidade

2014_05_08_congresocomarcalcigservizosvigo01.jpg
08/5/14.
Transi Fernández foi reelixida hoxe como secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo cos votos a favor dos 68 delegados/as presentes no VI Congreso comarcal da federación. No proceso tamén se escolleron nova Executiva e Dirección comarcais e os representantes no Consello federal.

Desconvocada a folga na limpeza do Xeral-Cíes de Vigo ao manterse o convenio e retirarse o ERE

O comité de empresa e a dirección de Clece asinarán este luns un acordo que foi ratificado por unanimidade en asemblea
10/4/14.
O cadro de persoal de Clece, concesionaria do servizo de limpeza do Xeral-Cíes de Vigo, ratificou esta tarde en asemblea por unanimidade un preacordo que permite desconvocar a folga indefinida prevista para o vindeiro luns 21. A empresa comprométese a manter o convenio -incluídos os pluses de vacacións e baixa- e renuncia ao presentar un ERE e á modificación substancial das condicións de traballo.

Impugnan os servizos mínimos fixados no hospital Xeral-Cíes de Vigo para a folga da limpeza do día 21

O comité di que son abusivos e denuncia que durante o paro haberá máis persoal asignado ao servizo que nun día normal
10/4/14.
O comité de empresa de Clece, empresa concesionaria do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo, anunciou hoxe que impugnará os servizos mínimos fixados para a folga indefinida convocada a partir do día 21 en defensa das condicións laborais do cadro de persoal. A representación dos traballadores/as considéraos abusivos e denuncia que durante o paro haberá máis empregados/as asignados ao servizo que nun día normal.

Persoal da limpeza do Xeral de Vigo convocan nova folga en defensa das condicións laborais

A concesionaria Clece comunicou a aplicación do convenio provincial e a presentou un ERE
04/4/14.
O cadro de persoal de Clece, concesionaria da limpeza do hospital Xeral de Vigo, decidiron hoxe en asemblea convocar unha nova folga indefinida en defensa das súas condicións laborais despois de que a empresa lles comunicase a aplicación do convenio provincial e a presentación dun ERE.

Desconvocan a folga na limpeza do Xeral-Cíes tras desistir a empresa de aplicar o convenio provincial

A dirección de Clece, nova concesionaria do servizo, comprometeuse tamén a non modificar substancialmente as condicións laborais
01/10/13.
O cadro de persoal do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo acordou hoxe por unanimidade desconvocar a folga indefinida prevista para este venres día 4 despois de que a dirección de Clece desistise da súa intención de aplicar o convenio provincial e modificar substancialmente as condicións laborais. A compañía comprométese a manter o convenio propio a cambio de que os empregados/as constitúan a mesa de negociación dun novo acordo laboral.

O comité de empresa de Clece convoca a folga na limpeza do Xeral-Cíes, que comezará o dia 3

Os traballadores/as da nova concesionaria sumáronse ao paro indefinido para defender o convenio de empresa
23/9/13.
O comité de Clece, a nova concesionaria do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo, formalizou esta mañá a convocatoria de folga indefinida a partir do xoves 3 de outubro ás 7.00 horas contra a decisión da empresa de modificar as condicións laborais. A compañía pretende aplicar o convenio provincial de limpeza e deixar sen efecto o propio, en vigor dende o ano 1986.

Empregadas/os da limpeza do Xeral-Cíes forzan unha xuntanza co xerente do Sergas tras unha protesta

A reunión co comité de empresa de Clece, a nova concesionaria do servizo, será este mércores 18 de setembro ás 8.00 horas
13/9/13.
O comité de empresa do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo manterán unha xuntanza co xerente do Sergas o vindeiro mércores 18 tras a protesta celebrada hoxe ás portas do seu despacho no centro médico. As afectadas/os denuncian que Clece, a nova concesionaria, pretende aplicarlles o convenio provincial e modificar as condicións de traballo, polo que manteñen a convocatoria de folga para outubro.

O comité da limpeza do hospital Xeral de Vigo convocará folga indefinida

As traballadoras/es seguirán coas mobilizacións diarias para rexeitar unha decisión que suporá unha importante perda de dereitos
06/9/13.
Empregadas/os da concesionaria do servizo de limpeza do hospital Xeral-Cíes de Vigo aprobaron hoxe de xeito maioritario a convocatoria de folga indefinida no caso de que Clece, que vén de gañar o concurso tras 24 anos a cargo de Limpiezas Faro, non dea marcha atrás na súa intención da aplicar o convenio provincial. Ao mesmo tempo, decidiron manter as mobilizacións que desenvolven todos os días no centro médico en horario de mañá e tarde.

Distribuir contido