10/7/09.
Aumento salarial equiparábel ao IPC real, rebaixa do prezo das horas extras en domingos e festivos ou limitar o dereito ás vacacións son unha mostra da proposta regresiva en dereitos e condicións laborais que presentou a patronal do Comercio de Alimentación da Coruña na última xuntanza da negociación do convenio.
A patronal, encabezada por Gadis e Froiz, propón empeorar as condicións dos e das traballadoras do sector. Na súa oferta, os empresarios esquécense novamente da regulación da xornada, das categorías ou dos horarios. Tampouco fan mención aos novos complementos que retribúan traballos especiais.