Acciona, limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro e Xeral (EOXI Vigo)

O presente convenio afectará a todas as traballadoras e traballadores do Servizo de Limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro e Xeral pertencentes ao EOXI Vigo da empresa ACCIONA ou de calquera outra que resulte adxudicataria do servizo. Estes centros enténdense como parte integrante de EOXI Vigo, para os efectos deste convenio colectivo, e a efectos de centro de traballo que serán diferenciados polo que as persoas traballadoras que presten o seu servizo no Hospital Álvaro Cunqueiro non poderán ser trasladados ao Hospital Xeral e viceversa sen que exista acordo entre as partes.

A empresa do servizo de limpeza destes centros non poderá trasladar às traballadoras e traballadores que se rexen polo presente Convenio a outros centros hospitalarios, aínda que corresponda ao mesmo complexo EOXI Vigo, salvo que sexa pacto entre as partes.

Dado que aínda o Anexo II segue funcionando, Acciona deberá trasladar ao lugar de traballo Álvaro Cunqueiro a todo o persoal do Xeral que continúe no mesmo nos casos de posible peche ou que a concesionaria sexa outra. O persoal terá un dereito preferente a ser adscrito ao novo centro até cubrir as necesidades contratadas para o mesmo.

Convenio01/01/2016 - 31/12/2019Convenio colectivo 2016-2019