Cruz Vermella (provincia de Pontevedra)

O presente convenio afectará a todo o persoal en rexime de contrato de traballo que preste os seus servizos nas dependencias e centros de traballo dependentes da Cruz Vermella Española em Pontevedra.

Quedan expresamente excluidos do ámbito de aplicación do presente convenio:

a) Os profesionais libres que presten a súa colaboración e servizos a Cruz Vermella Española, que se rexerán exclusivamente polos contratos formalizados ao efecto e polas disposicións reguladoras da sua respectiva profesión.

b) Quen presten os seus servizos de modo voluntario e non retribuido

c) O persoal Directivo de Cruz Vermella Española na provincia de Pontevedra que se rexerá polas disposicións referentes ao mesmo e as que se conteñan no regulamento orgánico da Institución. A estes efectos considérase persoal directivo o/a secretaria/o provincial e o/a coordinador/a provincial.

d) O persoal contratado en virtude de Convenios, concertos ou concursos coa Administración Pública en que se recollan as condicións laborais que afecten a dito persoal, ben entendido que tanto en defecto desta como na materia non regulada ao respeito, o presente convenio tenrá carácter supletorio.

e) Os traballadores que sexan contratados para realizar un servizo licitado ou financiado pola administración, aos que lles sexa de aplicación un convenio específico. A entidade xustificará documentalmente ante o comité de empresa a aplicación dun Convenio Colectivo específico.

f) O persoal sanitario que preste servizos de cobertura de risco previsible.

g) O persoal que preste servizos de vixiancia e socorrismo en praias.

 

Convenio01/01/2017 - 31/12/2019Convenio 2017-2019