Prosegur Soluciones SA

O presente convenio colectivo establece as normas básicas que regulan as condicións de traballo entre Prosegur Soluciones, S.A. e as traballadoras e traballadores incluidos no seu ámbito persoal e territorial.

As partes manifestan expresamente que o presente convenio colectivo ven referido ás traballadoras e traballadores da empresa adscritos á actividade comercial, incluidas as tarefas administrativas da mesma, que carecen no momento presente de regulación convencional estatal específica.

As partes por tanto deixan constancia expresa de que as tarefas a regular non se encontran, salvo erro ou omisión, afectadas por nengún outro convenio colectivo sectorial estatal ou outra norma reguladora, en cuxo caso a aquelas traballadoras ou traballadores que pudesen estarafectados seríalles de aplicación automática dito convenio sectorial. Non obstante o anterior, páctase expresamente que en caso de dedicarse no futuro á realización de calquera outro tipo de actividades distintas ás que actualmente realiza, deberá reunirse a comisión negociadora a fin de que adopte, no seu caso, o acordo que legalmente sexa necesario para ampliar o ámbito funcional de aplicación do convenio para no seu caso proceder a incorporar as traballadoras e traballadores que se dediquen a esa nova actividade ao mesmo coas condicións que nese momento se pacten.

Convenio01/01/2018 - 31/12/2021Convenio 2018-2021