Veolia Servicios Norte SAU - servizos integrais no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O presente convenio Colectivo ten a súa orixe no acordo de data 11 de maio de 2016, que se asinou entre a Empresa e a Representación dos Traballadores, recoñecida naquel momento como tal pola Empresa, aos que segundo a orixe da súa relación laboral éranlles de aplicación convenios diferentes e condicións laborais diferentes, conforme ao procedemento do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Conflitos de Traballo (AGA).

Na súa calidade de acordo libremente adoptado entre a Empresa e os Representantes dos Traballadores e Traballadoras, nace con vocación non só de articular os dereitos e deberes de ambas partes con eficacia xurídica vinculante, senón de habilitar un marco estable e seguro para as relacións laborais. En consecuencia, nel residen e desenvólvense os pactos alcanzados sobre as condicións de traballo dos empregados de Veolia no Hospital Alvaro Cunqueiro, poñendo de manifesto a vontade firme de ter no devandito centro de traballo un marco de relacións laborais seguro e perdurable.

Convenio01/01/2017 - 31/12/2020Convenio colectivo 2017-2020