Dúbidas laborais

Accidentes laborais

Consulta o arquivo adxunto para obter información básica sobre os accidentes no traballo.

Análise da reforma laboral (Real Decreto-lei 3/2012)

Documento que analiza a reforma laboral aprobada polo Goberno español a través do Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.

AdxuntoTamaño
Análise da reforma laboral203.92 KB

Calendario laboral

CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2015

FESTIVOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALIZA (CAG)

  • 1 de xaneiro, Ano Novo.
  • 6 de xaneiro, Día de Reis.
  • 20 de marzo, día seguinte ao San Xosé.
  • 2 de abril, Xoves Santo.
  • 3 de abril, Venres Santo.
  • 1 de maio, Día do Internacionalismo proletario.
  • 17 de maio, Día das Letras Galegas.
  • 25 de xullo, Día Nacional da Galiza.
  • 15 de agosto, A Asunción.
  • 12 de outubro, Día da Hispanidade.
  • 2 de novembro, dia seguinte a Todos os Santos.
  • 8 de decembro, A Inmaculada.
  • 25 de decembro, Nadal.

Engadense a estes os festivos de carácter local, que se poden atopar nos documentos aquí anexados.

Consellos Básicos

  1. Non asines contratos, nin calquera outro tipo de documento en branco.
  2. Non asines finiquitos sen antes consultar coa CIG-Servizos.
  3. Se asinas algo (despois de lelo todo con atención) pon: “RECIBÍN E NON CONFORME”, coa DATA e a HORA, na que o asinas.
  4. Conserva todas as nóminas e documentos que che entregue a empresa ou que estean relacionados co traballo (partes de baixa, de alta, contratos, etc).
  5. É moi importante que teñas en conta os prazos e que, en canto che notifiquen algo, acudas á CIG-Servizos á maior brevidade posíbel.
  6. Cando asines a nómina, ponlle a data do día que asinas.
  7. Ante calquera incidencia coa Mutua de traballo, acude á CIG-Servizos
  8. Denuncia as irregularidades. A CIG-Servizos pode facelo por ti.

Descanso

O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbel por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

Preme no arquivo adxunto para te informar sobre o descanso semanal, os permisos retribuídos e as vacacións anuais.

AdxuntoTamaño
Panfleto sobre as vacacións107.24 KB
O descanso339.19 KB

Graos de Parentesco

Primeiro Grao

                         Pais, fillos/as, sogros/as.

Segundo Grao

    Avós, netos/as, irmáns/as e esposos/as destes.

Terceiro Grao

Bisavós/as, tíos/as, sobriños/as, bisnetos/as.

Cuarto Grao

                          Curmáns e tíos-avós.

Indemnizacións por despedimento

Preme no arquivo adxunto para obter información (actualizada segundo Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo).

AdxuntoTamaño
Indemnizacións por despedimento277.93 KB

Prazos de caducidade e prescrición en Dereito laboral

Consulta no PDF adxunto os prazos de caducidade e prescrición en Dereito laboral.

AdxuntoTamaño
Prazos de caducidade373.89 KB

Prazos de reclamación básicos

Salarios

1 ano

Sancións e despedimentos

20 días

Contra resolucións do INEM, INSS ou TXSS

30 días

Modificación das condicións de traballo e traslado

20 días

Prestacións por desemprego

 PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO

Días cotizados

Meses paro

De 360 a 539

4

De 540 a 719

6

De 720 a 899

8

De 900 a 1079

10

De 1080 a 1259

12

De 1260 a 1439

14

De 1440 a 1619

16

De 1620 a 1799

18

De 1800 a 1979

20

De 1980 a 2159

22

Desde 2160

24

 Os 6 primeiros meses o 70% da base reguladora e os restantes o 60%

Salario Mínimo Interprofesional

O salario mínimo para calquera actividade na agricultura, na industria e nos servizos, sen distinción de sexo nin idade dos traballadores, queda fixado [para o ano 2015] en 21,62 euros/día ou 648,60 euros/mes, segundo que o salario estea fixado por días ou por meses. Este salario enténdese referido á xornada legal de traballo en cada actividade, sen incluír no caso do salario diario a parte proporcional dos domingos e festivos. Se se realizase xornada inferior, percibirase o rateo.

Valor das horas extras na seguridade privada

CIG-Servizos facilita unha folla de cálculo para determinar o valor das horas extraordinarias no sector da seguridade privada, segundo os parámetros estabelecidos polo Tribunal Supremo sobre esta materia.