ACLARACIÓNS SOBRE AS VACACIÓNS.

08/2/11.

Para aclarar tódalas dúbidas que teñades sobre o tema das vacacións, vamosvos a detallar o que dí a normativa interna da empresa sobre este asunto.

Dende o departamento de Recursos Humanos de Froiz, se lle enviou a tódolos encargados unha circular coas normas que deben seguir para confeccionar os cadrantes de vacacións de cada centro. Dita circular consta de 11 puntos que pasamos a detallarvos:

1- As vacacións anuais que lle corresponden a cada traballador/a, son 31 días naturais, agás en Toledo.

2- As vacacións darán comezo entre luns e xoves, e finalizarán entre domingo e xoves da semana correspondente.

3- A duración mínima dos periodos vacacionais sera de 7 días, e a máxima 21 días seguidos.

4- O xefe de centro, deberá elaborar o cadrante de vacacións antes do 31 de xaneiro de cada ano. Dito cadrante deberá realizarse de común acordo cos empregados/as do centro, e expoñer unha copia no taboleiro de anuncios do persoal.

5- Quedan excluídos como periodos de disfrute, a primeira semana de xaneiro e o mes de decembro.

6- As vacacións non poderán ser disfrutadas en medios días.

7- Todo o persoal terá un periodo de disfrute entre os meses de maio e setembro, ambos incluídos.

8- Os xefes de departamento, supervisores, xefes de super, cash, almacén e seccións, non poderán disfrutar as vacacións a primeira semana de cada mes.

9- O persoal eventual, deberá disfrutar as súas vacacións antes de rematar o seu contrato.

10- Todos os empregados/as, deberán disfrutar as súas vacacións.

11- Nos cash e almacén central, os meses de xulio e agosto, non poderán disfrutar vacacións, ademáis das zonas costeiras con influencia turística.

Estas son as normas que marca a empresa, e ademáis a número 4, 5, 9, 10 e 11 están en negrita e suliñadas, o que se entende de que si todas son importantes, esas o son especialmente. Todas as demais "normas" que circulan por ahi, son pura invención do encargado de turno. Si vos aplican calquera outra ou tedes algunha duda, poñédevos en contacto con nos por medio do correo electrónico.