FROIZ PERDE OS XUIZOS POR NEGAR REDUCCIÓNS DE XORNADA.

31/5/11.

Dúas compañeiras veñen de gañar recentemente, os xuizos que tiñan contra Froiz por negarlles as reduccións de xornada que solicitaran por garda legal para o coidado dos seus fillos menores de 10 anos. Unha delas traballa nun dos centros que Prieto Froiz ten na provincia e a outra, nunha das tendas que Distribucións Froiz ten na cidade de Pontevedra.

No primeiro caso, a compañeira traballaba a quendas, unha semana de mañan e outra semana de tarde. Solicitou a reducción pedindo traballar sempre en quenda de mañan o cal a empresa negou contestando que reducción si, pero unha semana de mañan e outra de tarde. A compañeira denunciou e o xuiz deulle a razón a traballadora e obrigou a empresa a concederlle a reducción por garda legal tal e como a compañeira a solicitara, reducción que xa está a facer efectiva.

No caso da compañeira de Distribucións Froiz, solicitou a reducción por garda legal para poder traballar sempre de mañan e só de luns a venres. A empresa negoulle o dereito e a traballadora, lóxicamente, denunciou. O xuiz ven de darlle a razón a traballadora, argumentando que prevalece o dereito do menor a ser coidado e atendido, antes que o dereito da empresa a organizar o seu traballo. Dicir que esta compañeira traballaba anteriormente con xornada mixta e que o pai tamén traballa en Froiz e tamén con xornada mixta.

Estes son só dous exemplos recentes, pero hai moitos máis, asi que non dubidedes en reclamar xudicialmente cando a empresa vos negue o dereito que tedes a conciliar vida familiar e laboral. Para calquer consulta ou dúbida poñédevos en contacto con nos.

A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN FROIZ.

31/5/11.

A CIG ven de revalidar as maiorías que xa tiña nos 3 comités de empresa máis representativos do Grupo nas eleccións sindicais celebradas os días 20, 24 e 26 de maio, en Froiz SA, Prieto Froiz SA e Distribucións Froiz SA respectivamente, todos eles correspondentes a provincia de Pontevedra.

En Froiz SA, acadáronse 8 delegados dos 13 posibles; en Prieto Froiz SA, 4 delegados, e en Distribucións Froiz SA obtivéronse 9 delegados.

Con estes resultados, a CIG consolídase como o sindicato máis votado e con maior representación dentro dos distintos comités do Grupo, acompañando así a anteriores resultados en eleccións como as celebradas no almacen central de Lourido (POIO), onde se acadaron 5 delegados dos 9 posibles, ou mesmo as de Lorenzo Froiz, empresa radicada na comarca de Compostela, onde a CIG obtivo 5 delegados.

As próximas son o día 2 de xuño en Cash La Estrada, e das que vos manteremos debidamente informados en vindeiras datas.

DESCUADRES NOS ARQUEOS.

23/2/11.

Nos están chegando informacións sobre que determinados encargados/as, obrigan as caixeiras/os a por os cartos cando hai un descuadre a hora de facer caixa. Tedes que ter claro todas e todos, que iso é ilegal e denunciable. Non estades obrigados/as a facelo, asi que si algunha vez vos atopades nese caso, negárvos, e si o encargado/a de turno se pon moi pesado ou vos ameaza dalgunha maneira, decírlle que vo lo desconte da próxima nómina e póñédevos en contacto con nos. Da igual que sexa porque vos faltan cartos no arqueo, porque vos colaron un billete falso, etc, etc.

ACLARACIÓNS SOBRE AS VACACIÓNS.

08/2/11.

Para aclarar tódalas dúbidas que teñades sobre o tema das vacacións, vamosvos a detallar o que dí a normativa interna da empresa sobre este asunto.

Dende o departamento de Recursos Humanos de Froiz, se lle enviou a tódolos encargados unha circular coas normas que deben seguir para confeccionar os cadrantes de vacacións de cada centro. Dita circular consta de 11 puntos que pasamos a detallarvos:

1- As vacacións anuais que lle corresponden a cada traballador/a, son 31 días naturais, agás en Toledo.

2- As vacacións darán comezo entre luns e xoves, e finalizarán entre domingo e xoves da semana correspondente.

3- A duración mínima dos periodos vacacionais sera de 7 días, e a máxima 21 días seguidos.

4- O xefe de centro, deberá elaborar o cadrante de vacacións antes do 31 de xaneiro de cada ano. Dito cadrante deberá realizarse de común acordo cos empregados/as do centro, e expoñer unha copia no taboleiro de anuncios do persoal.

5- Quedan excluídos como periodos de disfrute, a primeira semana de xaneiro e o mes de decembro.

6- As vacacións non poderán ser disfrutadas en medios días.

7- Todo o persoal terá un periodo de disfrute entre os meses de maio e setembro, ambos incluídos.

8- Os xefes de departamento, supervisores, xefes de super, cash, almacén e seccións, non poderán disfrutar as vacacións a primeira semana de cada mes.

9- O persoal eventual, deberá disfrutar as súas vacacións antes de rematar o seu contrato.

10- Todos os empregados/as, deberán disfrutar as súas vacacións.

11- Nos cash e almacén central, os meses de xulio e agosto, non poderán disfrutar vacacións, ademáis das zonas costeiras con influencia turística.

Estas son as normas que marca a empresa, e ademáis a número 4, 5, 9, 10 e 11 están en negrita e suliñadas, o que se entende de que si todas son importantes, esas o son especialmente. Todas as demais "normas" que circulan por ahi, son pura invención do encargado de turno. Si vos aplican calquera outra ou tedes algunha duda, poñédevos en contacto con nos por medio do correo electrónico.

ENDEREZO ELECTRÓNICO.

01/9/10.

Como o prometido é débeda, aqui tedes o enderezo electrónico o que podedes remitir todas aquelas cuestións que vexades oportunas. Contamos coa vosa axuda para facer que o  blog sexa o máis completo posible, asi que non dubidedes en suxerir os contidos que vos gustaría ver nel.

O enderezo é o seguinte: cigservizosfroizathotmail [dot] com

@S AFILIAD@S DA CIG NO GRUPO FROIZ ESTREAMOS BLOG.

11/8/10.

Os delegados e delegadas de persoal da CIG no Grupo Froiz, dámosvos a benvida a este novo espazo para a información, espazo dirixido non só os afiliados e afiliadas, senon a tódolos traballadores do grupo. Nel tentaremos dar cabida a tódalas cuestións que nos afecten no día a día do noso traballo. Publicaremos os convenios que nos afectan, aportaremos documentos que vos poidan ser útiles, e faremosvos toda clase de recomendacións. Para que o blog sexa o máis completo posible,  nos vindeiros días poremos a vosa disposición un enderezo de correo electrónico para que nos poidades facer chegar calquera dúbida, pregunta, suxerencia, comentario, etc.

Esperamos que o blog sexa do voso agrado e recordade que é un espazo aberto a tódolos traballadores de Froiz.

Distribuir contido