A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN FROIZ.

31/5/11.

A CIG ven de revalidar as maiorías que xa tiña nos 3 comités de empresa máis representativos do Grupo nas eleccións sindicais celebradas os días 20, 24 e 26 de maio, en Froiz SA, Prieto Froiz SA e Distribucións Froiz SA respectivamente, todos eles correspondentes a provincia de Pontevedra.

En Froiz SA, acadáronse 8 delegados dos 13 posibles; en Prieto Froiz SA, 4 delegados, e en Distribucións Froiz SA obtivéronse 9 delegados.

Con estes resultados, a CIG consolídase como o sindicato máis votado e con maior representación dentro dos distintos comités do Grupo, acompañando así a anteriores resultados en eleccións como as celebradas no almacen central de Lourido (POIO), onde se acadaron 5 delegados dos 9 posibles, ou mesmo as de Lorenzo Froiz, empresa radicada na comarca de Compostela, onde a CIG obtivo 5 delegados.

As próximas son o día 2 de xuño en Cash La Estrada, e das que vos manteremos debidamente informados en vindeiras datas.