FROIZ PERDE OS XUIZOS POR NEGAR REDUCCIÓNS DE XORNADA.

31/5/11.

Dúas compañeiras veñen de gañar recentemente, os xuizos que tiñan contra Froiz por negarlles as reduccións de xornada que solicitaran por garda legal para o coidado dos seus fillos menores de 10 anos. Unha delas traballa nun dos centros que Prieto Froiz ten na provincia e a outra, nunha das tendas que Distribucións Froiz ten na cidade de Pontevedra.

No primeiro caso, a compañeira traballaba a quendas, unha semana de mañan e outra semana de tarde. Solicitou a reducción pedindo traballar sempre en quenda de mañan o cal a empresa negou contestando que reducción si, pero unha semana de mañan e outra de tarde. A compañeira denunciou e o xuiz deulle a razón a traballadora e obrigou a empresa a concederlle a reducción por garda legal tal e como a compañeira a solicitara, reducción que xa está a facer efectiva.

No caso da compañeira de Distribucións Froiz, solicitou a reducción por garda legal para poder traballar sempre de mañan e só de luns a venres. A empresa negoulle o dereito e a traballadora, lóxicamente, denunciou. O xuiz ven de darlle a razón a traballadora, argumentando que prevalece o dereito do menor a ser coidado e atendido, antes que o dereito da empresa a organizar o seu traballo. Dicir que esta compañeira traballaba anteriormente con xornada mixta e que o pai tamén traballa en Froiz e tamén con xornada mixta.

Estes son só dous exemplos recentes, pero hai moitos máis, asi que non dubidedes en reclamar xudicialmente cando a empresa vos negue o dereito que tedes a conciliar vida familiar e laboral. Para calquer consulta ou dúbida poñédevos en contacto con nos.