Comunicado Seguridade Marzo 2012

28/3/12.

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA

Empresarios da seguridade e sindicatos españois deixan sen efecto a suba de 2012

mani_seguridade_privada_b
27/3/12.

A maioría das asociacións empresariais da seguridade privada e as centrais UGT, USO e CC.OO pactaron ampliar a vixencia do convenio sectorial dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Patróns e sindicatos españois tamén conviñeron deixar sen efecto para 2012 o incremento salarial previsto no artigo 73 do texto, que estabelecía unha suba do 4´4%. CIG-Servizos foi o único sindicato que non subscribiu este acordo.

Folga xeral convocada pola CIG

manivigo.jpg
26/3/12.

O Secretariado Confederal da CIG acordou fixar a data da folga xeral para o 29 de marzo, pois é neste mes cando se van debater no Congreso os textos da reforma laboral e mais dos Orzamentos Xerais do Estado. Ese mesmo día, a maioría sindical vasca tamén convoca un paro xeral.

REFORMA LABORAL 2012

26/3/12.

A CIG considera que a presente reforma é o maior ataque á clase traballadora desde a Transición pois esfarela o dereito laboral e deixa desamparados os traballadores e traballadoras. O núcleo duro do texto afecta a contratación, a flexibilidade interna, a negociación colectiva e o despedimento.

 

ANÁLISE DOS ASPECTOS MÁIS RELEVANTES DA REFORMA

• Despedimento

Delegados/as sindicais e traballadores/as da seguridade privada esixen nas rúas de Vigo un convenio galego

manifestacion_vigo.jpg
21/1/11.

Durante a manifestación, que percorreu o centro da cidade, criticouse o papel das centrais españolas UGT e USO

Máis dun cento de delegados/as sindicais e traballadores/as do sector da seguridade privada percorreron esta mañá as rúas de Vigo para reclamar un convenio colectivo galego. Durante a marcha criticouse a sinatura do convenio estatal por parte dos sindicatos españois UGT e USO, ao tempo que se denunciou que o novo documento supón “unha grave perda acumulada de poder adquisitivo”.

CIG-Servizos ocupa a sede de Caixanova en Vigo para rexeitar os despedimentos nas auxiliares das caixas

20100118_limpeza_caixanova_vigo
31/10/10.

A central demanda apertura dunha negociación para abordar o futuro duns 300 empregados/as de limpeza e seguridade

A CIG-Servizos realizou unha protesta sorpresa no interior da sede central de Caixanova en Vigo para rexeitar os despedimentos previstos nos empregos auxiliares (limpeza, seguridade...) das caixas galegas como consecuencia do proceso de fusión. Máis de medio cento de delegados/as da central e traballadores/as tomaron as dependencias da entidade crediticia e foron recibidos polo seu responsábel de recursos humanos.

OFERTAS PARA AFILIADOS DA CIG

15/10/10.

Empresas con ofertas e descontos para os Afiliados da CIG.

Traballadores/as da seguridade privada de toda Galiza concéntranse diante do IKEA en demanda dun convenio digno

p1170568.grande.jpg
15/10/10.Traballadores/as da seguridade privada de toda Galiza concéntranse diante do IKEA en demanda dun convenio digno A CIG retoma as mobilizacións no sector aproveitando o tirón mediático da inauguración da tenda sueca na Coruña Vixilantes da seguridade privada de todo o País concentráronse esta mañá diante do edificio do IKEA en A Coruña, coincidindo coa inauguración do primeiro estabelecemento da cadea sueca en Galiza.

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA

26/4/10.

Despois do esperpento da convocatoria de folga pantasma da UGT, do pasado mes de marzo, CCOO e USO solicitaron a convocatoria a través do SIMA da mesa negociadora, que se celebrou o pasado 12 e outra reunión o 19 de abril. Nesta xuntanza realizaron unha proposta económica baseada na conxelación salarial para o 2009, e o IPC real mais 1,4% para o 2010 e 2011, en todos os conceptos salariais.

Por parte da CIG, non podemos asumir novamente esta proposta ao entendela como un retroceso nas nosas pretensións económicas, xa que dista moi lonxe dos mínimos que nos temos marcado para esta negociación.

A CIG fixo constar en acta o que entendemos como parámetros de mínimos para chegar a un acordo:

  1. Non aceptamos a conxelación salarial do 2009.
  2. Mantemos os 12 puntos expresados na acta 3, xa que coinciden coas propostas incluidas na plataforma presentada pola CIG, e sendo estes aspectos que consideramos imprescindibles para unha negociación seria deste convenio, con independencia da súa redacción final.
  3. Igualmente, para a CIG é obxectivo irrenunciable buscar solucións a discriminación salarial xerada no anterior convenio colectivo a respecto das diferentes cuantias existentes no cobro do Plus de Perigosidade.

Por parte da Patronal, aproveitándose dos continuos erros dos sindicatos españolistas e asumindo unha posición de forza, propuxeron ampliar a conxelación salarial hasta o 2010, e a vixencia do convenio hasta o 2013, con incrementos que apenas superan o IPC real na totalidade da mesma en todos os conceptos salariais. Despois destas dúas reunións quedou patente que non existe vontade de negociar por parte da Patronal, o que pretende é imposición e non negociación.

Deste xeito a negociación en ámbito estatal está nun caleixón sen saída, tendo por futuro inmediato probablemente varios anos sen convenio. Non entendemos a posición dos sindicatos estatais, uns piden que a patronal concrete a súa proposta e outro di que estudarán as propostas para logo fixar a súa posición, e nos preguntámonos: qué hai que concretar?, qué hai que estudar ou valorar?. Diante desta situación desde a CIG témolo mais claro que nunca. O Convenio Galego é o único camiño realista e viable a día de hoxe, para topar unha saída ao sector. Novamente voltamos a facer un chamamento a todas as centrais sindicais para asumir esta vía, e emprender as mobilización necesarias para acadalo.

                                                               CONVENIO GALEGO DA SEGURIDADE, XA!

Traballadores/as de seguridade privada continúan as protestas impedindo a saída dos furgóns blindados de Prosegur

protesta01.jpg
18/10/09.

Reclaman á patronal do sector que mova as súas posturas para negociar un convenio digno que recolla melloras salariais e sociais

Repetindo a imaxe do pasado febreiro, traballadores e traballadoras da seguridade privada procedentes de todo o País, retomaron as protestas para esixir un convenio digno para o sector impedindo a saída dos furgóns blindados da sede de Prosegur en A Coruña e atrasando así os servizos que a empresa presta aos seus clientes, principalmente entidades bancarias, até ás nove da mañá.

Dende as seis da mañá, uns cen traballadores e delegados/as de CIG e CCOO, organizacións que convocaron a mobilización, posicionáronse diante das portas da nave de Prosegur no Polígono de A Grela, cortando a saída dos furgóns blindados da empresa cunha barricada de lume que lograron manter acesa até as nove da mañá, momento no que unha dotación de bombeiros procedeu a apagar o que quedaba das chamas e limpar os restos para permitir a saída dos camións.

Con esta nova protesta, que dá continuidade ás mobilizacións que dende hai un ano veñen desenvolvendo os traballadores/as do sector, preténdese presionar á patronal na procura de acadar un convenio digno, que recolla verdadeiras melloras sociais e salariais e que equipare as desiguais condicións que existen entre os vixiantes.

Así mesmo, quérese reclamar a negociación dun convenio colectivo de ámbito galego, logo do fracaso das negociación levadas a cabo en Madrid dentro do marco do Convenio Estatal. Negociacións que racharon hai meses e nas que a CIG presentou a súa última plataforma o pasado mes de setembro. Pola súa banda, UGT e USO descolgáronse hai tempo da unidade sindical e mesmo chegaron a estar preto dun preacordo (cunha plataforma que se asemellaba nun 95% á presentada polo empresariado), que finalmente non se chegou a asinar.

Distribuir contido