FCC, limpeza viaria e recollida de R.S.U. do Concello de Monforte de Lemos

Estado do convenio: En vigor

Publicado convenio até decembro de 2020

27/11/17.

O BOP de Lugo do luns 27 de novembro de 2017 publica o convenio da empresa FCC para o persoal de recollida e transporte de RSU, limpeza viaria e outros servizos complementarios do Concello de Monforte de Lemos. Este convenio conta cunha vixencia de entre o 1 de xaneiro de 2017 até o 31 de decembro de 2020.

 

 

Publicado no BOP de Lugo o Convenio colectivo para os anos 2013 a 2016

29/7/13.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo vense de publicar o novo Convenio colectivo que rexerá ás traballadoras e aos traballadores da empresa FCC adscritos ao servizo de limpeza viaria e recollida de R.S.U. do Concello de Monforte de Lemos

Publicado no BOP o convenio 2011-2012

28/9/11.

O convenio 2011-2012 da limpeza e recollida do lixo do Concello de Monforte de Lemos foi publicado polo BOP o 28 de setembro de 2011.