Hostalaría da Provincia da Coruña

Estado do convenio: Negociación paralizada

Publicado convenio até decembro de 2018

18/7/17.

O BOP da Coruña do 18 de xullo de 2017 publica o convenio colectivo, con vixencia entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018, para o sector da hostalaría da provincia da Coruña.

Prórroga até 31 de marzo de 2017

13/3/17.

O BOP da Coruña do 13 de marzo de 2017 acorda a prórroga da negociación que outorga vixencia ao Convenio Colectivo de Hostalería da provincia da Coruña ata o 31 de marzo de 2017.

Publicadas no BOP as táboas salariais para 2013

20/5/14.

O boletín Oficial provincial de 20 de maio recolle nas súas páxinas as táboas salariais de aplicación ao ano 2013.

Publicado no BOP da Coruña o Convenio colectivo para os anos 2011 a 2015

30/8/13.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 30 de Agosto de 2013 vense de publicar o Convenio colectivo para os anos 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015 que rexe ás traballadoras e aos traballadores do sector da hostalaria da provincia da Coruña

Publicada a revisión salarial do 2010

10/11/11.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou, o 10 de novembro, a revisión salarial do ano 2010 do convenio de hostalaría.

Modificación da revisión salarial de 2008 e do artigo 6 do convenio

12/4/10.

Modificación da revisión salarial de 2008 e do artigo 6 do convenio.

Revísanse as táboas de 2008 e publícanse as de 2009

31/8/09.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou, na súa edición do 12 de agosto de 2009, a revisión das táboas salariais de 2008 e as de 2009 do convenio provincial da Hostalaría.