Militantes da CIG-Servizos recrimínanlle a Roberto Tojeiro a explotación no Comercio de Alimentación

Tojeiro2.jpg
Catro militantes da CIG-Servizos recrimináronlle en persoa a Roberto Tojeiro, vicepresidente do Grupo GADISA, a explotación existente no Comercio de Alimentación. Os activistas asistiron como público a un acto no que participaban este e outros empresarios do país.
07/10/09.

Roberto Tojeiro, un dos fillos do fundador de GADISA e vicepresidente deste grupo empresarial, foi un dos participantes no “Foro Perspectivas de Futuro del sector Agroalimentario Gallego”, que organizou o 7 de outubro en Compostela o Grupo Correo Gallego. 

Na quenda de intervención do público, un dos militantes da CIG-Servizos dirixiuse a Tojeiro para botarlle en cara as condicións salariais e laborais míseras que padece o persoal do Comercio de Alimentación, ao que pertence a súa cadea de supermercados. O sindicalista recordoulle ao empresario que non é aceptábel, nun sector como o seu, ampararse na crise para minguar os dereitos e o poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras.