As protestas dos traballadores dos xeriátricos ouvíronse en Vilanova de Arousa

IMG_9906_grande.jpg
Case un cento de traballadores e traballadoras do sector de Residencias Privadas da Terceira Idade participou na concentración de protesta diante do xeriátrico “Valle Inclán” en Vilanova de Arousa, acto enmarcado dentro do calendario de mobilizacións en demanda dun convenio digno para este colectivo.
21/10/09.

A patronal, da que as organizacións sindicais continúan sen ter novas,  pretende aproveitar a negociación do convenio para introducir recortes nos dereitos dos traballadores e traballadoras e a frear calquera tipo de mellora nas condicións laborais.

CIG Servizos reclama a intervención da Consellaría de Traballo e Benestar no conflito derivado da ruptura da negociación do convenio, xa que o 80% das prazas ofertadas son concertadas e a Xunta participa na empresa de capital mixto Sogaserso, rede de servizos sociais na que están integrados numerosos xeriátricos.

As mobilizacións continuarán o vindeiro 4 de novembro, desta volta cunha concentración ás 11:00 horas, diante da Residencia Sanitas de Vigo (Rúa do Conde, 6).