O xerente do CHUAC comprométese co persoal a mediar coas empresas de limpeza

20091215_limpeza_chuac.jpg
O xerente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) comprometeuse con representantes da CIG-Servizos a mediar coas concesionarias da limpeza para que estas apliquen os convenios colectivos. Mentres, o calendario de mobilizacións continuará até que se produzan avances nas reclamacións dos empregados/as.
16/12/09.

Así mesmo, os traballadores agardan que se lle retire en breve a sanción á traballadora de Valoriza que foi suspendida de emprego e soldo durante dous meses por gozar dun permiso retribuído que tiña solicitado. Este tipo de prácticas contrarias aos dereitos dos traballadores/as tamén foron denunciadas en reiteradas ocasións polo persoal.