A terceira fase dos paros nas instalacións deportivas comeza o 16 de xaneiro

20100114_folga_deportes
Se a patronal non o remedia, o 16 de xaneiro dará comezo a terceira fase da folga nas instalacións deportivas de Galiza. Os paros estenderanse até o día 20 deste mes e, de non haber acordo, a medida de presión converterase en indefinida desde o 1 de febreiro. Por outra banda, os traballadores realizarán, o 17 de xaneiro, unha marcha reivindicativa na Coruña que partirá ás 12:00 horas desde o Palacio de Deportes de Riazor e que concluirá na praza de María Pita.
14/1/10.

CIG-Servizos, CCOO e UGT, organizacións convocantes destas mobilizacións, denuncian a intransixencia da patronal. Malia dous anos de conflito, esta non foi quen de mellorar as condicións laborais precarias nas que desenvolven a súa actividade as traballadoras e traballadores do sector, para os que é irrenunciábel a dignificación dos salarios (para achegarse, cando menos, á condición de mileuristas) e a consecución dunha xornada que permita conciliar a vida laboral e familiar. Alén diso, reclaman o estabelecemento dun convenio que cubra todo o sector e a modificación das condicións da Incapacidade Temporal.