As mobilizacións das residencias regresan a Vilanova de Arousa

20100511_residencia_vilanova_arousa.jpg
Traballadores e delegados das residencias privadas da terceira idade proseguen coas mobilizacións a prol da consecución dun convenio xusto e contra a represión sindical exercida nos últimos tempos, que xa se saldou con dous delegados despedidos en Cabanas e en Vilanova de Arousa. Nesta vila celebrouse unha concentración o 11 de maio diante do xeriátrico Valle Inclán, a segunda que se realiza neste centro nos últimos seis meses.
12/5/10.

Noutra orde de cousas, CIG-Servizos e CC.OO presentarán un conflito colectivo para desatascar a negociación do convenio pois a patronal segue mantendo unha postura inflexíbel e teima en eliminar do texto galego a cláusula de equiparación coas condicións máis beneficiosas do estatal. Ambas centrais adiantaron que as mobilizacións proseguirán. Pola súa banda, UGT continúa coa súa actitude autista e cómplice cos empresarios.