A central segue a ser hexemónica nos tres comités máis representativos do Grupo Froiz en Pontevedra

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
CIG-Servizos vén de revalidar as maiorías que xa tiña nos tres comités de empresa máis representativos do Grupo Froiz na provincia de Pontevedra nas eleccións celebradas os días 20, 24 e 26 de maio en “Froiz S.A.”, “Prieto Froiz S.A.” e “Distribuciones Froiz S.A.”. Na primeira empresa acadáronse oito delegados dos 13 posíbeis; catro na segunda, mentres que na terceira se conseguiron nove representantes.
31/5/11.

Con estes resultados, CIG-Servizos consolídase como o sindicato máis votado e con maior representación dentro dos distintos comités do Grupo en Pontevedra. Anteriormente conseguira maioría absoluta nas eleccións celebradas no almacén central de Lourido (Poio), onde acadou cinco dos nove delegados en liza. Por outra banda, en Lorenzo Froiz, empresa radicada na comarca de Compostela, a central nacionalista obtivo cinco representantes.

As próximas eleccións no Grupo hanse celebrar o vindeiro 2 de xuño en Cash La Estrada.

Máis información no BLOG DOS AFILIADOS.