A central consegue representación nos Gadis pontevedreses a primeira vez que pode participar

20070116_gadis_betanzos_05.JPG
CIG-Servizos conseguiu uns resultados meritorios nas eleccións ao comité de empresa dos Gadis da provincia pontevedresa, celebradas o 15 de xuño. A central obtivo dúas delegadas na primeira ocasión en que puido manter a candidatura até a conclusión do proceso. Tanto neste como en anteriores comicios, a empresa, CC.OO e USO perseguiron e acosaron as integrantes da lista da CIG-Servizos co propósito de que renunciasen. Mais desta volta non conseguiron dobregar a súa vontade e o sindicato nacionalista estará presente no órgano de representación do persoal.
16/6/11.

María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal, agradece a confianza depositada no sindicato por parte dos traballadores e traballadoras. Tamén denuncia a persecución da que foron obxecto a CIG-Servizos e as súas candidatas: “A nosa central non só foi perseguida e asediada pola empresa senón tamén por CC.OO e USO que, da man de Gadis, fixeron todo o posíbel para desmantelar a candidatura sen ningún tipo de escrúpulos, ameazando as compañeiras e obrigándoas a renunciar”.

Fernández destaca a loita e o empeño amosados polas candidatas en Pontevedra e asegura que o éxito se repetirá noutras provincias onde se celebran eleccións en Gadis, como é o caso da coruñesa a finais deste mes. “O traballo sindical feito, tanto na empresa como na folga de comercio alimentación, deu os seus froitos”, conclúe.

Resultados no Colexio de Especialistas:

SINDICATO

VOTOS

DELEGADAS

CC.OO

183

5

USO

155

5

UGT

97

3

CIG-Servizos

80

2

No Colexio de Técnicos a USO conseguiu as dúas delegadas en liza.