A Intersindical-CSC amosa o seu apoio aos sindicalistas que serán xulgados o 18 de xaneiro
De seguido reproducimos o comunicado difundido pola Federació de Serveis da Intersindical-CSC. O texto orixinal en catalán pode ser consultado aquí:
Compañeiros e compañeiras,
Desde a Federació de Serveis da Intersindical-CSC -e por extensión do conxunto da organización- queremos expresar o noso apoio ás mobilizacións en defensa da liberdade de acción sindical que está a desenvolver CIG-Servizos.
Como organizacións irmandadas no internacionalismo solidario e a colaboración mutua consideramos os ataques sufridos polos militantes de CIG-Servizos como unha aldraxe a nós mesmos/as.
Así mesmo, queremos expresar a nosa solidariedade e apoio aos compañeiros Adolfo e Marcos e rexeitar abertamente a xudicialización e represión que está a sufrir a lexítima defensa dos dereitos dos e das traballadoras.
Como ben din os e as compañeiras de CIG-Servizos “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito”. Non deixaremos de exercer estes dereitos.
Viva a Clase Traballadora!
Viva Galiza Ceibe!
Visca la Terra!
Federació de Serveis de la Intersindical-CSC




