Convenios / Negociación Colectiva

Nome: Limpeza no Hospital da Costa de Burela, Samyl S.L. (anterior concesionaria Clece, S.A.)


Ámbito funcional:
Limpeza hospitalaria
Ámbito territorial:
Empresa
Concello:
Burela
Estado:
En vigor

Acordos:

Convenio 2012-2013


Tipo:
Convenio
Validez:
01/01/2012 - 31/12/2013

Convenio 2004-2006


Tipo:
Convenio
Validez:
01/01/2004 - 31/12/2006

Novas:

Publicado o convenio 2012-2013

02/1/12.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou, na súa edición do 2 de xaneiro de 2012, o convenio da limpeza do Hospital da Costa de Burela do período 2012-2013.

Asinado o convenio do persoal da limpeza do Hospital da Costa

24/11/11.

O convenio da limpeza do Hospital da Costa de Burela asinouse o 24 de novembro logo dun longo proceso de negociación, iniciado en marzo de 2010, que incluso levou consigo mobilizacións dos traballadores e traballadoras. O acordo, que foi referendado polo cadro de persoal reunido en asemblea, contempla, a partir do 1 de xaneiro de 2013, a equiparación da xornada co Grupo E do Sergas, tal e como acontece no resto de centros hospitalarios do país. Como paso previo a esta homologación, as partes decidiron reducir parcialmente a xornada en 2012 a través de días libres que a empresa plasmará nos cuadrantes.

Coa sinatura do acordo, rubricado entre os representantes sindicais (CIG-Servizos) e a concesionaria (Samyl S.L.),  cúmprese case na totalidade o obxectivo do persoal de quedar equiparado ao Grupo E do Sergas, tendo en conta que xa percibía as mesmas retribucións.

CIG-Servizos da Mariña quere resaltar e agradecer o esforzo das partes e moi especialmente das traballadoras e traballadores que, coa súa implicación e mobilización, fixeron posíbel atinxir este acordo.

Volver