O DOG do mércores 11 de abril de 2018 ven de publicar o Convenio colectivo para as residencias privadas da terceira idade da Galiza, con vixencia entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2019.
Convenios / Negociación Colectiva
Nome: Residencias Privadas da Terceira Idade
Acordos:
Convenio 2016-2019
Táboas salariais 2017
Convenio colectivo 2016-2019
Táboas salariais 2013
Acordo aclaratorio revisións salariais 2013-2015
Acordo sobre atrasos salariais 2013 e 2014
Revisión salarial 2012
Revisión salarial 2011
Revisión salarial 2009-2010
Convenio 2009-2015
Revisión salarial 2008
Corrección de erros da revisión salarial de 2008
Convenio 2006-2008
Novas:
Publicado convenio 2016-2019
Acordo para o pagamento de atrasos salariais dos dous últimos anos
O Boletín provincial da Coruña recolle o acordo da comisión paritaria coas táboas salariais de atrasos dos anos 2013 e 2014 de aquelas empresas que optaron por aboar de xeito fraccionado o incremento salarial pactado para o ano 2013.
Publicada no DOG unha aclaración sobre as revisións salariais
O día 10 de febreiro, o Diario Oficial de Galicia recolle o texto dun acordo da comisión paritaria, que recolle unha aclaración sobre a interpretación dun punto do Convenio vigorante, e algunhas correccións ao dito texto.
Publicado no DOG o Convenio 2009-2015
O Diario Oficial de Galicia de 27 de Novembro incluiu a publicación do convenio colectivo do sector na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009-2015.
Publicadas no DOG as Táboas salariais para o ano 2013
No Diario Oficial de Galicia do 5 de Abril de 2013 veñense de publicar as Táboas salarias para o ano 2013 do convenio colectivo das Residencias privadas da terceira idade
O DOG publica a revisión salarial do ano 2012
Publicada no DOG do 3 de abril de 2012 a revisión salarial deste ano do convenio galego de residencias privadas da terceira idade.
Publicada a revisión salarial de 2011
Publicada a revisión salarial de 2011 no DOG do 6 de xullo de 2011.
O DOG publica a revisión salarial dos anos 2009 e 2010
Publicada no DOG do 14 de abril a revisión salarial dos anos 2009 e 2010 co convenio galego de residencias privadas da terceira idade.
CIG-Servizos aposta por dinamizar as negociacións do convenio de xeriátricos
Os empresarios desbotan a nova plataforma da CIG-Servizos e CC.OO
Aprobadas as revisións salariais de 2009 e 2010
A Comisión Paritaria do convenio de residencias privadas da terceira idade aprobou as revisións salariais correspondentes aos anos 2009 e 2010.
CIG-Servizos e CC.OO reformulan a plataforma de convenio de xeriátricos
Racha a mesa negociadora das Residencias Privadas da Terceira Idade
A postura intransixente e as propostas involucionistas da patronal en materia salarial e de dereitos dos traballadores e traballadoras ocasionaron que a parte social rachase a mesa de negociación do convenio galego de Residencias Privadas da Terceira Idade.
CIG-Servizos informará os empregados e empregadas do sector en asembleas do acontecido na última xuntanza negociadora, o 17 de setembro, onde os empresarios continuaron coa súa actitude despótica propondo ofertas completamente regresivas. En breve coñecerase o calendario de mobilizacións.
Acta 6ª: 28 de xullo
Acta da sexta reunión da mesa negociadora do convenio galego de Residencias Privadas da Tercira Idade. A vindeira xuntanza hase celebrar en Compostela o 17 de setembro, a partir das 17:00 horas.
Reunión 5ª: 20 de xullo de 2009
Acta da quinta xuntanza da mesa negociadora do Convenio Galego de Residencias Privadas da Terceira Idade, celebrada o 20 de xullo de 2009.
Reunión 4ª: Seguen sen incluírse melloras na xornada
A parte social manifesta a súa desconformidade coa pretensión da patronal de non introducir melloras na xornada. As partes volveranse reunir o 20 de xullo para negociar artigo por artigo a proposta sindical.
Panfleto conxunto da CIG, UGT e CC.OO
Reunión 2ª: 27 de maio de 2009
Reunión 1ª: 30 de abril de 2009
O arquivo adxunto contén a acta da primeira reunión da mesa negociadora, realizada o 30 de abril, ademais dun panfleto valorativo da CIG-Servizos, UGT e CC.OO.
Plataforma conxunta da CIG, UGT e CC.OO
Constitución da mesa negociadora
Acta de constitución da mesa negociadora do convenio.