O BOE do xoves 1 de febreiro de 2018 publica o convenio coletivo estatal para as empresas de seguridade, con vixencia entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020.
Convenios / Negociación Colectiva
Nome: Seguridade Privada
Acordos:
CONVENIO COLECTIVO ESTATAL DAS EMPRESAS DE SEGURIDADE 2022
Táboa Salarial de 2021 - Convenio Seguridade Privada
CONVENIO COLECTIVO ESTATAL DAS EMPRESAS DE SEGURIDADE 2021
Convenio 2017-2020
Modificación no convenio 2017-2020
Modificación do convenio
Convenio xullo 2015-decembro 2016
Sentencia da AN, anula art. 45.2
Modificación, artigo 14 (subrogacións)
Táboas salariais 2014, modificación artigos 41 e 42
Convenio 2012 - 2014
Revisión salarial 2011
Convenio 2009-2012, publicado no BOE o 16-02-2011
Revisión salarial 2008
Revisión salarial 2007
Revisión salarial 2006
Convenio 2005-2008 (Emenda do artigo 71)
Convenio 2005-2008
Novas:
Publicado convenio até decembro de 2020
Publicado no BOE o Convenio para 2015
O Boletín estatal de 12 de janeiro recolhe nas suas páginas o texto do convenio colectivo vixente durante este ano.
Publicadas as táboas salariais de 2014 no BOE, e modificacións de artigos
O Boletín Oficial estatal de 2 de abril recolle o texto de modificación, coas táboas salariais actualizadas para 2014, as actualizacións de outras retribucións, e a modificación dos artigos 41 e 42, sobre xornada laboral e horas extraordinarias.
Ampliado artigo 14 sobre subrogacións
O Boletín Oficial do Estado de 2014 inclúe unha modificación do convenio, que atinxe ás subrogacións de servizos.
Publicado no BOE o convenio colectivo para os anos 2012, 2013 e 2014
No Boletín Oficial do Estado do 25 de Abril de 2013 vense de publicar o Convenio colectivo para os anos 2012, 2013 e 2014 que rexe aos traballadores e ás traballadoras do sector da seguridade privada sen convenio propio de empresa
Consúmase a traizón e o sindicalismo español asina a modificación do convenio
O sindicalismo español asinou, o 16 de abril, a modificación do convenio estatal de empresas de seguridade, o que suporá a ampliación da súa vixencia dous anos máis e a supresión do incremento salarial que se pactara para este ano.
Constitución da mesa negociadora e borrador da modificación do convenio
O pasado 11 de abril constituíuse a comisión negociadora para modificar o convenio colectivo de seguridade privada. UGT, CC.OO e USO pactaron coa patronal ampliar a vixencia do texto dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Tamén conviñeron deixar sen efecto para 2012 o incremento salarial previsto no artigo 73 do convenio, que estabelecía unha suba do 4´4%. CIG-Servizos foi o único sindicato que non subscribiu este acordo.
Engádense arquivos adxuntos.
Empresarios e sindicatos españois deixan sen efecto a suba de 2012
A maior parte dos colectivos empresariais e UGT, CC.OO e USO acordaron non aplicar este ano o incremento retributivo previsto no convenio. Do mesmo modo, decidiron ampliar o ámbito temporal do texto até o 31 de decembro de 2014 e, unha vez finalizado o prazo previsto e en caso de non atinxirse acordo, a vixencia do convenio mesmo podería estenderse até o ano 2018.
Patronal e sindicatos españois reuniranse a medidos de abril para desenvolver os puntos do presente acordo.
Máis unha vez, a crise do sistema capitalista serve de desculpa para recortar dereitos e tirar polo chan as conquistas da clase traballadora.
As centrais recórdanlle á patronal que o prioritario é revisar os salarios
A patronal entende que o incremento previsto para este ano (IPC real de 2011 máis o 2%) repercutiría negativamente sobre a “viabilidade das empresas e o emprego no sector”. Os patróns pretenden diferir durante tres anos esta cantidade, o que implicaría a ampliación da vixencia do convenio dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014.
A Federación de Servizos da CIG estivo representada na xuntanza polo compañeiro Tomás Martínez Rodríguez.
A patronal non quere aplicar a suba salarial de 2012
A patronal da seguridade privada quere diferir durante tres anos o incremento salarial acordado no convenio para 2012 (IPC real de 2011 máis o 2%), o que implicaría a ampliación da súa vixencia dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Esta proposta fixéronllela os empresarios aos sindicatos nunha xuntanza celebrada en Madrid o 29 de decembro.
CIG-Servizos recolleu a proposta dos empresarios e manifestou que a estudará, mais expresoulles o seu malestar por abrir a comisión negociadora. Tamén lles recordou que é preciso respectar os convenios en vixencia. A Federación estivo representada na xuntanza do 29 de decembro polo secretario nacional, Paulo Rubido, e mais polo secretario federal de Negociación Colectiva, Pedro Pérez Caride.
O BOE publica o convenio do período 2009-2012
O BOE publicou, na súa edición do 16 de febreiro de 2011, o convenio colectivo de seguridade privada correspondente ao período 2009-2012.
Xa se coñece a revisión salarial de 2011
Xa se coñece a revisión salarial de 2011 do convenio de seguridade privada.
Modificados os artigos 41, 42 e 83 do convenio
Modificados os artigos 41, 42 e 83 do convenio colectivo.
O Ministerio de Traballo insta a modificar artigos do convenio de seguridade
Reunión 19ª: UGT e USO asinan o convenio
Reunión 18ª da comisión negociadora
Acta da reunión 18ª da comisión negociadora do convenio.
Reunión 17ª: UGT e USO dan por boa a proposta económica da patronal
Reunión 16ª da comisión negociadora
Reunión 16ª da comisión negociadora do convenio estatal de seguridade privada, celebrada en Madrid o 26 de outubro de 2010.
A Audiencia Nacional considera que os asuntos propios na seguridade privada computan como tempo traballado
Sentenza da Audiencia Nacional que estima que os asuntos propios computan como tempo traballado.
Reunión 15ª da comisión negociadora do convenio
Reunión 15ª da comisión negociadora do convenio estatal de seguridade privada, desenvolvida o 24 de xuño de 2010.
A mediación do SIMA remata sen acordo
Non houbo acordo na mediación no SIMA sobre a interpretación e aplicación do artigo 46, apartado j, do convenio estatal de seguridade privada relativo ao permiso retribuído dun día por asuntos propios e ao seu cómputo como xornada efectiva.
Os mediadores propoñen someter o presente conflito á negociación do novo convenio e, até que non se peche esta, que as empresas provisionen economicamente o importe do día de asuntos propios como se fose xornada efectiva de traballo.
Reunión 14ª: Os vaivéns dos sindicatos españois encoraxan a patronal da seguridade privada
As propostas económicas de mínimos que defenden os sindicatos españois na seguridade privada, xunto coa fracaso da UGT ao promover unha folga que posteriormente suspendeu, están a insuflar ánimos á patronal. Os empresarios, non contentos con pretender conxelar os salarios en 2009, queren agora estender esta medida ao ano 2010 e ampliar a vixencia do convenio até 2013.
Non houbo acordo no SIMA
Non houbo acordo na mediación no SIMA no conflito da seguridade privada.
Desacordo sobre o permiso retribuído por asuntos propios
Desacordo no SIMA sobre o permiso retribuído por asuntos propios.
Reunión 13ª: 8 de outubro
Reunión 13ª da comisión negociadora.
Reunión 12ª: A patronal presenta a súa última proposta
A patronal presentou, na duodécima xuntanza da comisión negociadora, a que considera que é a súa última proposta. UGT e USO facilitaron finalmente á mesa a súa plataforma sindical. Adxúntanse acta da reunión, plataforma de UGT e USO e proposta de convenio presentada polos empresarios.
Reunión 11ª : A CIG presenta a súa plataforma de convenio
A CIG presentou a súa plataforma de convenio na undécima xuntanza da comisión negociadora do convenio estatal de Seguridade Privada. Do mesmo xeito, a central nacionalista reiterou a súa demanda de participar nun Acordo Sectorial Estatal de Formación Profesional para o emprego no sector da Seguridade Privada. A CIG ten o dereito a estar presente nos plans formativos estatais, como así o certifica unha sentenza da Audiencia Nacional.
Reunión 10ª: 17 de setembro
Acta da décima reunión da comisión negociadora do convenio estatal de Seguridade privada.
Reunión 9ª: 15 de setembro. A proposta empresarial segue a ser irrisoria
O pasado 15 de setembro volveuse reunir a comisión negociadora do convenio estatal de Seguridade privada. A patronal volveu presentar unha oferta irrisoria que tanto UGT como USO non miran con malos ollos.
Reunión 8ª: 16 de xullo de 2009. UGT e USO rompen a unidade sindical
Acta da reunión do 16 de xullo 2009. A CIG rexeita a proposta patronal mentres os sindicatos estatais a consideran un "avance". Adxúntase tamén un comunicado da CIG-Servizos ao respecto.
Reunión 7ª: 14 de xullo de 2009
Acta da reunión do 14 de xullo de 2009.
Panfleto do 23 de xuño de 2009
Reunión 6ª: 20 de xaneiro de 2009
Acta da reunión do 20 de xaneiro de 2009. Axdúntase panfleto da CIG-Servizos.
Reunión 5ª: 2 de decembro de 2008
Acta da reunión do 5 de decembro de 2008.
Reunión 4ª: 11 de novembro de 2008
Acta da reunión do 11 de novembro de 2008. Adxúntase panfleto.
Reunión 3ª: 6 de novembro de 2008
Acta da xuntanza do 6 de novembro de 2008.
Reunión 2ª: 4 de novembro de 2008
Acta da xuntanza do 4 de novembro de 2008.
Reunión 1ª: 20 de outubro de 2008
Acta da reunión do 20 de outubro de 2008. Adxúntase panfleto.
Plataforma do convenio dos anos 2009-2011
Premendo no documento adxunto podes descargar a plataforma do convenio colectivo estatal de Seguridade privada para o período 2009-2011.