Convenios / Negociación Colectiva

Nome: Axuda a Domicilio


Ámbito funcional:
Servizos Sociais
Ámbito territorial:
Galego
Concello:
Estado:
Negociación paralizada

Acordos:

Táboas salariais 2012


Tipo:
Revisión
Validez:
01/01/2012 - 31/12/2012

Revisión salarial 2011


Tipo:
Revisión
Validez:
01/01/2011 - 31/12/2011

Revisión salarial 2010


Tipo:
Revisión
Validez:
01/01/2010 - 31/12/2010

Convenio 2009-2011


Tipo:
Convenio
Validez:
01/01/2009 - 31/12/2011

Atrasos 2008-2009


Tipo:
Revisión
Validez:
01/01/2008 - 31/12/2009

Revisión salarial 2006


Tipo:
Revisión
Validez:
01/01/2006 - 31/12/2006

Convenio 2001-2005


Tipo:
Convenio
Validez:
01/01/2001 - 31/12/2005

Novas:

Publicadas no DOG as Táboas salariais para o ano 2012

21/11/12.

No Diario Oficial de Galicia do 21 de Novembro vense de publicar o acordo que recolle as táboas salariais para o ano 2012

Publicada no DOG a táboa salarial do ano 2011

15/2/12.

A revisión salarial do ano 2011 do convenio de axuda a domicilio foi publicada no DOG do 15 de febreiro de 2012.

A Comisión Paritaria asina as táboas salariais de 2011

23/1/12.

Sindicatos e patronal do sector autonómico de axuda a domicilio asinaron as táboas salariais de 2011. A suba será do 5% (3% do IPC real de 2010 máis o 2%).

Por outra banda, o 30 de xuño será a data límite para o pagamento do 100% dos atrasos e estes se irán aboando a rateo mensual desde a sinatura das táboas.

Sindicatos e patronal alcanzan un acordo na revisión das táboas de 2011

12/1/12.Sindicatos e patronal do sector autonómico de axuda a domicilio celebraron un acto de conciliación no TSXG que rematou con avinza no tocante á revisión salarial de 2011. A suba será do 5% (3% do IPC real de 2010 máis o 2%). O presente acordo supón o arquivo das actuacións do conflito colectivo que presentaran CIG-Servizos, CC.OO e UGT.

A Comisión Paritaria reunirase o 23 de xaneiro para elaborar as táboas salariais do ano 2011. A cita ha ser na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Compostela, ás 12:00 horas.

As partes tamén conviñeron que, unha vez actualizados os salarios deste ano, o 30 de xuño sexa a data límite para o pagamento do 100% dos atrasos e que estes se irán aboando a rateo mensual desde a sinatura das táboas.

Acta de conciliación

A patronal apraza a constitución da mesa negociadora do novo convenio

20/12/11.

O convenio galego de axuda a domicilio, cuxa vixencia expira o 31 de decembro, foi denunciado polas parte social e empresarial co propósito de iniciar a negociación do novo texto. Porén, a patronal négase a constituír de inmediato a mesa e pretende adiar este procedemento até abril de 2012.

A representación empresarial manifestou que algúns dos seus asociados queren adherirse ao convenio estatal e entende que, por esta circunstancia, debe aprazarse a constitución da mesa até abril de 2012.

CC.OO, UGT e CIG-Servizos non entenden os motivos esgrimidos pola patronal e solicitan que a comisión se estabeleza de inmediato.

En relación co conflito colectivo presentado no Tribunal Superior de Xustiza, os empresarios propoñen aplicar o incremento do 5% con efectos do 01-01-2012 e facer efectivos os atrasos correspondentes ao 2011 ao longo do vindeiro ano.

Mentres, as centrais sindicais realizaron a seguinte contraoferta, que axiña foi rexeitada pola representación empresarial:

  • Incremento no ano 2012 segundo o estabelecido no artigo 7 do convenio colectivo.
  • O aboamento dos atrasos do 5% do ano 2011 farase efectivo de xeito rateado no primeiro trimestre de 2012.
  • Constituída a mesa negociadora na presente xuntanza adiarase a seguinte reunión entre o 1 e o 5 de abril de 2012.

Presentada unha papeleta de conflito colectivo

13/9/11.CIG-Servizos, UGT e CC.OO rexistraron ante a Xunta un escrito para a convocatoria dun acto de conciliación para dirimir as discrepancias xurdidas na interpretación de varios artigos do convenio galego de axuda a domicilio. Os sindicatos defenden que o persoal debe beneficiarse dunha suba do 5% en 2011 e que a remuneración do complemento por traballar os domingos e festivos ten que ser de 18 euros. A parte social sostén que, en cumprimento do artigos 41 e 44 do convenio de aplicación, os traballadores teñen o dereito a percibiren un incremento retributivo do 5% para o ano 2011 respecto dos conceptos das táboas salariais de 2010, con excepción dos complementos de antigüidade, de domingos e festivos e de dispoñibilidade.

O convenio tamén avala a tese dos sindicatos sobre o dereito dos empregados a cobraren, durante 2011, unha retribución de 18 euros polo complemento de domingos e festivos, importe que se aboará por cada xornada traballada durante eses días, independentemente das horas.

Xa en maio pasado, unha reunión da comisión paritaria debateu sobre este mesmo tema mais rematou sen entendemento posíbel entre as partes.

A papeleta de conciliación foi rexistrada polos sindicatos o 13 de setembro ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta. Está previsto que este acto, previo á vía xudicial, se celebre nos vindeiros días.

A patronal quere incumprir os acordos retributivos

03/5/11.A patronal galega do sector de axuda a domicilio manifestoulles aos sindicatos a súa pretensión de diferir para anos sucesivos o incremento do 5% acordado para 2011 no convenio autonómico. CIG-Servizos adiantou que presentará un conflito colectivo para forzar os empresarios a pagaren segundo o estipulado no texto. A patronal presentou esa proposta no decurso da xuntanza do 3 de maio da Comisión Paritaria do convenio galego.

Os patróns pretenden reproducir no país o acordo atinxido no texto estatal, que consiste en fraccionar o incremento do 5% recoñecido por unha sentenza da Audiencia Nacional aboando o 3% en 2011 e diferindo o 2% restante para os anos 2012 e 2013.

A parte social rexeita esta pretensión e reclama o cumprimento do convenio galego, nomeadamente do artigo 44, relativo aos incrementos retributivos.

“Nin sequera a consideramos (a proposta dos empresarios) xa que, por un lado, non se respectaría o convenio galego e, polo outro, condicionaría a futura negociación do vindeiro convenio”, manifesta Pedro Pérez Caride, secretario Federal de Negociación Colectiva e representante do sindicato na Comisión Paritaria.

Proseguen as discrepancias sobre a interpretación do complemento de distancia

08/4/11.

Na xuntanza do 8 de abril da comisión paritaria do convenio galego de axuda a domicilio manifestáronse novamente as discrepancias no tocante á interpretación do complemento de distancia e, concretamente, na determinación do concepto “centro de traballo”. Os sindicatos consideran que este debe entenderse como a oficina ou delegación da empresa alí onde a haxa e, de non habela, o concello, a empresa principal ou institución para quen se presten os servizos ou, en defecto dos anteriores, deberíase estabelecer un centro de referencia. Pola contra, para os empresarios centro de traballo é “o primeiro domicilio do primeiro usuario, así como o último domicilio do último usuario”. Ademais, os patróns entenden que os desprazamentos entres os mencionados puntos e o domicilio do traballador non deben ser remunerados.

Acta da comisión paritaria do 10 de marzo

10/3/11.

Acta da comisión paritaria do 10 de marzo de 2011.

Entra en vigor a revisión salarial de 2010

10/5/10.

Revisión salarial 2010, publicada no DOG o 10 de maio de 2010.

A comisión paritaria aproba as táboas de 2010

22/3/10.

A comisión paritaria do convenio galego de Axuda a domicilio aprobou as táboas salariais do ano 2010.

Non houbo avinza na conciliación do SMAC sobre o conflito colectivo presentado pola AGESS

17/3/10.

Rematou sen avinza a conciliación desenvolvida o 17 de marzo no SMAC de Vigo en relación co conflito colectivo presentado pola Asociación Galega de Empresas de Servizos Sociais (AGESS). Dita entidade quere que o convenio galego de Axuda a domicilio se declare nulo "por lesividade e falta de lexitimación" da asociación empresarial que asinou o texto.

Prazos para cobrar os atrasos dos anos 2008 e 2009

10/3/10.

O DOG publica a relación de prazos para percibir os atrasos correspondentes aos anos 2008 e 2009 do convenio de axuda a domicilio de Galiza.

O DOG publica o convenio do período 2009-2011

15/2/10.

O DOG publica o convenio do período 2009-2011 do convenio galego de axuda a domicilio.

Asinado o convenio de Axuda a Domicilio

02/11/09.O texto rubricado estabelece unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos. Os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar percibirán 746 euros en concepto de atrasos de 2008.

Atinxido un preacordo: Acta 8

22/10/09.

Tras oito xuntanzas de mesa negociadora, sindicatos e patronal alcanzaron un preacordo sobre o convenio de Axuda a Domicilio. O texto pactado polas partes contempla unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos. 

En canto aos atrasos de 2008, acordouse que os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar perciban 746 euros por este concepto. En canto aos de 2009, estabeleceuse que sexan a diferenza entre o salario aboado este ano polo convenio galego e as táboas do estatal.

Acta 7: 6 de outubro

06/10/09.

Acta sétima do convenio de Axuda a Domicilio.

Acta 6: 18 de setembro

18/9/09.

Acta 6 do convenio de Axuda a Domicilio.

Acta da Mesa polo desenvolvemento da Axuda no Fogar en Galiza

17/9/09.

Acta da Mesa polo desenvolvemento da Axuda no Fogar en Galiza, celebrada o 18 de setembro.

Acta 5: 25 de agosto

25/8/09.

Acta do 25 de agosto.

Acta 4: xuntanza 22 de Xullo

22/7/09.

A cuarta xuntanza da mesa negociadora do Convenio de Axuda no Domicilio celebrouse o 22 de xullo. Para consultar a acta abonda con premer no arquivo adxunto.

Acta 3: 15 de xullo de 2009

15/7/09.

Acta da xuntanza da comisión negociadora do convenio galego de Axuda a Domicilio (no fogar) do 15 de xullo de 2009.

Acta 2: 1 de xullo de 2009

01/7/09.

Acta da reunión da mesa negociadora do convenio realizada o 1 de xullo de 2009.

Acta 1: 17 de xuño de 2009

17/6/09.

Acta da xuntanza do 17 de xuño de 2009.

Proxecto de Orde reguladora do Servizo de Axuda no Fogar

15/6/09.

Premendo no documento que figura abaixo podes descargar o proxecto de Orde reguladora do Servizo de Axuda no Fogar.

Volver