Nova mobilización do persoal de Albada para esixir solucións e concretar data de reunión coa concelleira

A Coruña -
Dende o mes de maio están agardando manter unha xuntanza co Concello da Coruña

O persoal de Jofrasa inicia mobilizacións para esixir un acordo de empresa que contemple condicións dignas

Cervo -
A compañía presta o servizo de limpeza na fábrica de Alcoa San Cibrao

CIG-Servizos esixe a Eulen que conte co persoal que facía o servizo de limpeza na terminal de Endesa

Ferrol -
Ante a recuperación da actividade coa chegada de carbón ao Porto Exterior de Ferrol

Denuncian que o mal estado do parque móbil do Concello de Vigo pon en risco a seguridade do persoal

Vigo -
O Goberno local tivo que paralizar o seu uso tras o accidente dun camión que quedou sen freos

O 100% do persoal das cafeterías do aeroporto secunda a folga en defensa do seu convenio

Compostela -
Os paros e as mobilizacións continuarán até que a empresa cumpra co estipulado

Persoal de DomusVi Ferrol esixe a readmisión da compañeira despedida nunha clara represalia sindical

Ferrol -
Concentráronse nos xulgados coincidindo co xuízo polo despedimento

Carrefour Lugo recoñece que abonou mal os salarios do persoal a tempo parcial dende xaneiro

Lugo -
Comprometeuse a revisar as nóminas e pagar as cantidades subtraídas a todo o persoal afectado

O 100% do persoal da planta de Lousame secunda a folga por un plan que garanta a actividade e os empregos

Lousame -
O tratamento e recollida están paralizadas e o comité impugnou os servizos mínimos por abusivos

Persoal da planta de Lousame e veciñanza da comarca maniféstase en Noia por un plan de futuro

Compostela -
Teñen convocada para mañá luns, día 11 de outubro, unha xornada de folga

O comité da planta de Lousame convoca unha xornada de folga para o día 11 de outubro

Compostela -
O domingo 10 de outubro manifestaranse polas rúas de Noia ás 12:00 horas

As traballadoras do servizo de limpeza do centro de Bonxe levan tres meses sen cobrar

Lugo -
A CIG esixe o abono inmediato dos soldos e que se lle rescinda o contrato á empresa

A CIG denuncia que os pregos de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar de Mos non dignifican o traballo do persoal

Mos -
Lamenta que o Concello non atendese ningunha das propostas achegadas dende a parte social

A CIG en Carrefour Lugo denuncia irregularidades nos abonos das nóminas do persoal a tempo parcial

Lugo -
A empresa estalles pagando menos horas das que realmente traballan

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.