A CIG logra os 9 representantes do comité provincial de Viaqua en Pontevedra
O resultado avala o gran traballo feito pola representación da CIG, especialmente durante a negociación do convenio colectivo
Pontevedra -
A CIG vén de revalidar a súa posición como sindicato hexemónico no comité de empresa de Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia na provincia de Pontevedra ao facerse cos 9 delegados/as que se escollían nas eleccións sindicais celebradas o pasado martes día 27.
A empresa encárgase do abastecemento, distribución e depuración de augas en Pontevedra, mentres que xestiona outros servizos en distintas localidades da provincia. A da CIG foi unha vez máis a única candidatura que concorreu ao proceso, logrando 6 representantes no colexio de especialistas e 3 entre o persoal técnico e administrativo.
Dende a central sindical consideran que a resposta dos traballadores/as avala o gran traballo feito pola representación da CIG na empresa, especialmente durante a negociación do convenio colectivo, no que se logrou garantir o poder adquisitivo ligando a suba de soldos ao IPC, cun incremento total do 14,5%. Tamén se acadaron importante melloras salariais nas categorías profesionais a través do plus de noite e penosos e da paga de vacacións.
De cara ao próximo convenio, a negociar en 2025, a pretensión da central sindical é garantir o poder adquisitivo cunha cláusula de revisión salarial a IPC, profundizar nos aspectos relacionados coa saúde laboral e avanzar no cambio de categorías profesionais.
Novas relacionadas