Coa CIG: organízate para loitar, loita para avanzar

A CIG é o teu sindicato. Un sindicato que loita polos teus dereitos, a dignidade e a liberdade. Un sindicato que é máis forte co teu apoio, coa túa forza e coa túa voz. Un sindicato onde poderás participar, debater, propoñer e actuar. Un sindicato ao que te convidamos a afiliarte e a construílo.

Na Confederación Intersindical Galega centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social de e desde Galiza. A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa.

Un modelo que se remonta cinco décadas atrás, e grazas ao cal a CIG logrou converterse na principal ferramenta da clase obreira galega, sendo hoxe a primeira forza en representación sindical, con máis 5.100 delegados e delegadas, e o maior sindicato de Galiza, con máis de 80.000 afiliados e afiliadas -preto dun 11,50% da poboación asalariada do noso país-.

A CIG autofinánciase mediante a achega económica dos nosos afiliados e afiliadas en preto dun 100% dos nosos ingresos. Ese sustento que achega a afiliación permite que manteñamos a nosa independencia económica como base da nosa independencia organizativa.

Defende os teus dereitos e a túa dignidade.

Fronte aos ataques do capital, organízate e loita connosco.

Afíliate á CIG.

Volver