O persoal de Industrias Losán suspende a concentración tras constatarse o abono dos salarios

Curtis -

Os traballadores e as traballadoras de Industrias Losán acordaron esta mañá en asemblea suspender a concentración prevista para hoxe mércores de 10:15h a 10:45h na fábrica de Curtis tras constatar que a empresa procedeu ao abono dos salarios adebedados.

A decisión foi tomada por maioría da asemblea, que acordou adiar a mobilización mais sen descartar próximas convocatorias, xa que fican pendentes de resolución outras demandas da parte social, como o plan industrial para a reactivación da produción na fábrica. Tampouco existe un compromiso por parte da empresa para  actualizar os salarios conforme ao que marca o convenio colectivo nin abonar os atrasos xerados. Por este motivo xa se presentou un AGA, que están pendente de fixar data.

Con esta decisión o persoal o persoal dálle un voto de confianza e tempo á dirección para que adopte as medidas precisas para garantir a viabilidade e corrixa a situación da empresa para retomar a produción. Neste senso hai que salientar que a posta ao día dos salarios produciuse tras recibir unha subvención do IGAPE dun millón de euros, pero non existen garantías de futuro máis aló posíbeis axudas públicas ou a entrada dun suposto inversor/comprador.

Volver