As protestas para reclamar un convenio digno no transportes de mercadorías continúan en Narón

Os sindicatos inciden en que haberá folga na provincia da Coruña se a patronal teima en bloquear a negociación

Narón -

As mobilizacións do persoal de transporte de mercadorías continuaron por un convenio digno na provincia da Coruña continuaron este xoves cunha concentración ás portas da empresa TAT en Narón. Este á terceira protesta que o persoal realiza neste mes de outubro e, de continuar bloqueadas as negociacións por parta da patronal, as centrais sindicais levarán ás próximas asembleas a convocatoria de folga no sector.

As principais reivindicacións da parte social pasan por garantir uns salarios dignos, que non se perda capacidade adquisitiva, ter unha xornada adecuada ao século XXI para poder conciliar e que se compense o traballo nocturno ou en domingos.

Porén, a patronal, que deu por rachadas as negociacións, trasladou unha proposta de incremento que apenas acada o 3%, sen carácter retroactivo a 1 de xaneiro e sen xerar atrasos; non quere asumir a incorporación dunha cláusula de revisión ao IPC; nin tampouco aceptou o abono da nocturnidade nin incorporar un complemento polo traballo en domingo.

A redución da xornada é outra das demandas básicas nesta negociación e que se recoñezan como tempo de traballo efectivo os tempos de presenza e os descansos obrigatorios de tráfico.

Estas mobilizacións teñen como obxectivo concienciar o persoal do sector e acompañan ao reparto de follas informativas que se está a realizar nos centros de traballo e polígonos loxísticos para informar da situación da negociación colectiva. No caso da patronal non regresar á mesa, xa están previstas asembleas de persoal nas distintas cidades para decidir as próximas accións e acordar a convocatoria de folga.

Volver