
Continúa a campaña contra a explotación, o acoso e as faltas de respecto en Mercadona
A CIG-Servizos desenvolveu unha protesta en Redondela para denunciar tamén a excesiva carga de traballo e os tempos imposíbeis de cumprir

Fabiola García abandona á súa sorte ás traballadoras de residencias privadas da terceira idade
Eludiu contestar ás preguntas do BNG respecto da situación de explotación laboral que sofre o persoal

Mobilízanse polos impagos e os atrasos nos servizos xestionados pola empresa ourensá Gesmedical
A compañía do Carballiño ten a concesión dos SAF da localidade e do de Nogueira de Ramuín e das residencias de maiores do Cornubal e de Bande

Persoal do Hotel Balneario da Toxa traslada as protestas contra os despidos á oficina principal de HOTUSA en Chantada
A mobilización coincidiu cunha nova xornada de folga para rexeitar o ERE

En pé contra a explotación en Gadis: “Vivamos como galegas, pero non como escravas!
As centrais con representación no comité provincial de Ourense mobilizáronse hoxe para denunciar falta de persoal, sobrecarga de traballo e abusos laborais

Delegadas e delegados da CIG concéntranse contra a represión sindical en Inditex e en apoio as traballadoras denunciadas

A CIG-Ourense denuncia que as prácticas das mutuas deixan en situación de emerxencia social a unha traballadora
A afectada, que se atopa de baixa médica, quedou sen prestación económica por non ter podido presentarse a unha revisión médica

A Inspección constata graves incumprimentos de Mercadona en prevención de riscos laborais
A CIG-Servizos desenvolverá unha protesta en Redondela o xoves 19 na campaña ‘Un segredo a voces’ para denunciar o clima laboral na empresa

A CIG rexeita a nova orde que rebaixa os requisitos de persoal de enfermería nos centros de atención ás persoas maiores

A persoal da CRTVG chega as 32 xornadas de folga coa caída de programas tanto na Radio como na TVG e previsiblemente do Luar
Concentráronse na Praza do Toural para manifestar o seu rexeitamento á externalización da produción e a manipulación informativa

Concentración o luns 16 contra a represión sindical e en solidariedade coas dependentas denunciadas por Inditex
Ás 10 horas, diante dos xulgados da rúa Monforte

Denuncian a precariedade laboral do persoal de FROIZ polos incumprimentos do convenio colectivo
A CIG-Servizos concentrouse diante do supermercado que a cadea ten na Praza do Toural
“Non aos despidos no Hotel Balneario!”
Delegados/as da CIG-Salnés percorreron o Grove en manifestación en apoio da loita das persoas traballadoras do Illa da Toxa en defensa do emprego
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.