Mobilizacións simultáneas na Coruña, Santiago e Vigo pola negociación do convenio único para o persoal investigador sanitario
Nacional -
O persoal das fundacións públicas de investigación biomédica (INIBIC, FIDIS e Fundación Biomédica Galicia Sur) e da Fundación pública de medicina xenómica concentráronse este mércores na Coruña, Santiago e Vigo para reclamar o inicio das negociacións para o novo convenio único que regule as condicións laborais deste colectivo dependente do SERGAS.
As protestas desenvolvéronse de xeito simultáneo diante do Hotel de Pacientes do CHUAC, na entrada principal do Hospital Clínico e na entrada principal do Hospital Álvaro Cunqueiro, repetiranse o vindeiro 16 de outubro. A convocatoria foi acordada polos comités a instancia dunha proposta da CIG-Saúde.
O responsábel de Negociación Colectiva da CIG-Saúde, Miguel Tizón, lembra que estas fundacións de investigación sanitaria foron integradas en datas recentes no sistema público baixo dependencia do SERGAS, "de tal xeito que o seu persoal adquire a mesma condición de persoal laboral público dependente do SERGAS que xa tiña o da Fundación de medicina xenómica".
Estas fundacións contan cun convenio laboral vencido en decembro do 2022 e prorrogado nestes anos ante a negativa da administración a sentarse a negociar un novo.
Pero este persoal, responsábel de toda a investigación que se realiza no eido da sanidade pública galega, segue tendo unha diferenza importante nas retribucións co resto do persoal do SERGAS, "non ten dereito á carreira profesional e se lles nega o dereito ao cobro de trienio, como ao resto do persoal público", apunta Tizón.
Caso aparte é o da Fundación pública de medicina xenómica, que nunca tivo un convenio propio que regule as súas condicións laborais, "xa que sempre foi adherida a outro convenio coa promesa de negociar “máis adiante” o seu, aínda que isto nunca sucedeu".
Mentres tanto, este persoal investigador segue sen ter condicións laborais equiparadas ao do persoal estatutario do SERGAS, perciben uns salarios inferiores, non teñen acceso á carreira profesional e non se lles recoñecedo traballado no resto da administración pública para cobrar os seus trienios.
Por todo isto, os comités destas Fundacións esíxenlle á Consellería de Sanidade constituír xa a mesa única de negociación de convenio e regular as súas condicións laborais e salariais.Tizón sinala que a representación do persoal instou en varias ocasións a Consellería de Sanidade a